Novas por contido

A pesar de non haber a figura do conflito coletivo, para o persoal funcionario tampouco é necesario presentar reclamacións individuais, é máis, pode resultar contraproducente.

As organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Empregados Públicos e membros da Plataforma Galega en Defensa dos Servizos Públicos chegaron hai máis dun ano ao acordo de que todas as accións legais contra os recortes das pagas extras se farían conxuntamente. Para isto presentamos, CIG, CCOO, UGT e CSIF un CONFLITO COLECTIVO para a recuperación da paga extra de decembro de 2012 e subsidiariamente para a recuperación da contía devengada e non cobrada.

A sentenza sobre este conflito colectivo se espera que sexa pública esta ou a seguinte semana.

  • No caso de ter unha sentenza favorable: Emprenderemos accións similares en relación ás pagas extras do 2013, e defenderemos que ou ben se adopten conxuntamente, como no caso do 2012, ou no seu defecto, a CIG interporá conflito colectivo.
  • No caso de non ser favorable: Presentaremos de igual modo conflito colectivo pola supresión da contía adicional, a través da Plataforma, ou como CIG.

Non parece sensato que ningunha organización sindical, utilice para unha campaña de afiliación, o sistema de reclamacións previas á vía xurisdiccional laboral, cando isto pode ser obxecto de conflito colectivo, que supón que as reclamacións individuais van quedar paralizadas ata que se resolva, e que ademais é máis xusto pois as consecuencias serán para todo o persoal laboral da Xunta. E hai que ter en conta que se a reclamación individual se perde, aínda que se gañe o conflito colectivo, os reclamantes non van poder acollerse aos efectos positivos da sentenza, polo que non cobrarían a extra, mentres o resto do persoal laboral si.

Ao igual que no caso do persoal funcionario, a CIG, e a Plataforma Galega en Defensa dos Servizos Públicos, garanten que non é necesario recurrir a ningún tipo de reclamación individual, cando tanto contenciosos como conflitos coletivos, exploran todas as vía xudiciais.

Outras novas recentes

Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...
Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...
Venres, 13 Novembro 2026

RPT Emprego, Comercio e Emigración (11/11/26)

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, convocou aos sindicatos a unha xuntanza para falar da súa proposta de modificación da Relación de Postos de Traballo da consellería. Descargar Contactamos coa consellería para pedir explicacións polo feito de que nos convocasen con menos de 48 horas de antelación (restando a xornada de Folga Xeral), o que imposibilita estudar...