Novas por contido

As organizacións sindicais de CIG, CCOO, UGT e CSI•F en relación co recorte nas pagas extras do ano 2013, manifestamos que se vai garantir a defensa de tódolos traballadores/as da Xunta de Galiza mediante:

1. No caso do persoal funcionario, ao non poder emprender accións colectivas, se adoptará por parte das centrais sindicais, ao igual que no caso do 2012, a iniciativa de presentar varias demandas individuais que abran a vía cara a acadar un criterio de xeral aplicación por parte dos tribunais, a todos os afectados.

2. No caso do persoal laboral, coa presentación dun CONFLITO COLECTIVO que vai dar cobertura a todo o persoal en relación ao recorte das pagas extras do ano 2013, materializado no recorte da ADIC.ART.12.3 LEI 14/06.

As consecuencias da presentación deste conflito son a suspensión de todas as demandas individuais iniciadas ou presentadas ata o momento e á espera de que se resolva o conflito colectivo.

O obxectivo último desta estratexia xurídico-sindical é:

  • darlle cobertura a todo o persoal da Xunta de Galicia, estendendo a todos eles a restitución dos seus dereitos, esixindo, as contías detraídas como paga extra no ano 2013, tanto funcionarios/as como laborais, así como a parte devengada indebidamente retirada, e non aboada, no 2012.
  • evitar as reclamacións individuais, tanto polo custo económico que supoñen, como polo efecto negativo que poderían ter para os propios reclamantes, así como para tódolos demais traballadores/as ao considerarse cousa xulgada.
  • explorar outras iniciativas sindicais para reverter os recortes do persoal laboral e funcionario da Xunta.

RECUPERACIÓN DA PAGA EXTRAORDINARIA DO 2012

1.- No caso do persoal laboral, como resposta ao Conflito Colectivo presentado conxuntamente polas catro centrais sindicais (CIG, CC.OO, UGT e CSI•F) o TSXG ven de recoñecer, mediante sentenza do 4 de outubro de 2013, o dereito á percepción da parte proporcional da paga extraordinaria do mes de decembro de 2012, polo período comprendido entre o 1 de xullo e o 14 de xullo. Estamos pendentes de que o Director Xeral da Función Pública nos reciba a fin de determinar si o a Administración vai acatar a sentenza voluntariamente ou, pola contra manter o Recurso de Casación presentado contra da mesma. Neste último caso o único que conseguirían sería dilatar a devolución das percepcións retiradas indebidamente.

2.- No caso do persoal funcionario, está pendente da resolución dos tribunais do contencioso-administrativo. No caso de ser favorable, quedaría establecido un criterio de xeral aplicación por parte dos tribunais, a todos os afectados.

Outras novas recentes

Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...
Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna corpos xerais; funcionarización en excedencia (para CP 17/11/26)

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocounos a unha xuntanza da Comisión de Persoal que será o martes 17 de  novembro, coa seguinte Orde do día: Convocatoria do proceso de funcionarización para o persoal laboral fixo que está na situación de excedencia. Descargar Convocatoria de promoción interna ao corpo superior-A1. Descargar Convocatoria...
Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...