Novas por contido

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia vén de ditar sentenza no conflito colectivo sobre a paga extra de decembro de 2012 no ámbito do persoal laboral de Portos de Galicia.

O TSXG estima parcialmente a demanda, recoñecendo o dereito do persoal laboral de Portos de Galicia a percibir a parte proporcional da paga extra de decembro de 2012 devengada entre os días 1 e 15 de xullo dese ano, en razón da non retroactividade do RD-Lei 20/2012, que aprobou a supresión da dita paga de Nadal.

A sentenza, contra a que cabe recurso ante o Tribunal Supremo, vén a supoñer un recoñecemento das formas grotestas coas que se aprobou a expropiación da paga extra de Nadal de 2012 aos traballadores do Sector Público, sen amosar o máis mínimo respecto por principios constitucionais como a irretroactividade das normas. Máis preocupante, en cambio, resulta o feito de que as instancias xudiciais españolas están polo momento a amparar o groso das medidas contra os traballadores en xeral e contra o Sector Público en particular que foron adoptadas coa actual política de recortes, en constraste coa maior independencia amosada polo poder xudicial de países veciños como Portugal, onde foi declarada inconstitucional a expropiación das pagas extras ao persoal do Sector Público, ao considerar o recorte un imposto dirixido só a unha parte da clase traballadora.

A CIG, en calquera caso, está a cubrir a actuación xudicial en todas as instancias contra o recorte das extras, tanto en persoal laboral como no caso do perosal funcionarios, e agardamos que o conflito colectivo presentado pola paga extra do persoal laboral da Xunta se resolva no mesmo sentido que o do persoal de Portos de Galicia; así mesmo, demandaremos que se apliquen os efectos benéficos ao persoal funcionario, que tamén viu expropiada a súa extra de 2012 cuxas demandas no contencioso-administrativo non levan a mesma velocidade de resolución.

Por último, desde a CIG queremos incidir no feito de que a batalla xudicial é só unha das facetas desta loita, que a fundamental segue a ser a concienciación de todos os compañeiros e compañeiras, a mobilización e a denuncia pública desta situación, que van ser os elementos que nos empoderen para poder botar un pulso á política de recortes e poder tumbala. Hai que ter en conta que a vía xudicial non substitúe ao poder de cambio das mobilizacións, máis tendo en conta a escasa indepencia política coa que actúa a Xustiza no Estado español; unha Xustiza que non está repondendo como agarda a cidadanía ao amparar o núcleo das reformas antisociais aínda que vaian contra a liña de flotación do estado de dereito.

Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...
Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...
Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...