Novas por contido

Dicía Sun Tzu hai 2.500 anos que un exército debe analizar os plans do inimigo para coñecer os seus puntos débiles e evitar a forza e atacar sobre a debilidade.

A debilidade do Partido Popular son as eleccións xerais e autonómicas que veñen. E son debilidade porque vese obrigado a modificar temporalmente os seus plans de recortes para non seguir perdendo votos.

Nese contexto, dende o PP a nivel de Estado dan a orde de afrouxar a presión sobre os empregados/as públicos/as. De aí ven o regalo dos días adicionais de Montoro. O PP en Galiza debe cumprir o mandato de Madrid e facer a mesma operación, pois as eleccións están á volta da esquina. Así que nesa tesitura aquí ven unha xogada perfecta. Non só devolven o que ían a devolver senón que ademais poderían vendelo como un acordo sindical.

Dende a CIG sabíamos que ían devolver os días polo que “atacando sobre a debilidade” era hora de poñer sobre a mesa o resto de reivindicacións, e neste caso os 9 días.

Non necesitaban ningún acordo para aprobalos, podían facelo mediante decreto. O que non se entende é que os outros sindicatos acepten á primeira de cambio o que ofrece a Xunta e que xa estaba conseguido sen pedir a restitución completa, e máis cando algúns deles (concretamente CCOO) un día antes saca unha nota dicindo que a Xunta pode devolver os días directamente tal e como fixo o Goberno do Estado.

E que nos venden agora? Que a CIG non se pronunciou?.

A CIG se pronunciou claramente: non imos votar nunha Comisión de Persoal o asinar un acordo que o Goberno pode sacalo por decreto. A nosa posición é clara e a anunciamos con anterioridade:

Eles quitáronos, que eles os restauren

E sobre as melloras conseguidas como o período de desfrute amplo, non se conseguíu nada que non se anunciara tamén con anterioridade:

Algúns indicios e poucos avances na xuntanza sobre os días adicionais de asuntos propios e vacacións

Así que da debilidade que había que aproveitar dende a nosa posición de forza non obtivemos máis que o que xa anunciaron que nos ían devolver, ao pregarse o resto dos sindicatos a asinar este acordo. Lamentábel.

Outras novas recentes

Xoves, 25 Abril 2024

Reunión do Comité de Seguridade e Saúde Laboral da Consellería do Mar (18/04/2024)

Punto 1. Lectura e aprobación da acta da reunión anterior Apróbase o contido da reunión anterior (21/11/2023) onde se incorporan as alegacións presentadas pola CIG onde indicamos que as embarcacións do servizo de Gardacostas sexan considerados como lugares de traballo e por tanto se avalíen os seus riscos laborais. Punto 2. Formación dentro do marco da Seguridade e saúde...
Venres, 26 Abril 2024

Informa da comisión de seguimento do SPIF

O día 1 de maio entrarán en vigor os novos cuadrantes do persoal ao abeiro do novo acordo de condicións do SPIF. Tralas reunións mantidas na comisión de seguimento deste acordo existen unha serie de cuestións que quedaron respostadas, mais non foron moitas. O luns haberá unha nova xuntanza para revisar só cuestións puntuais de aplicación. E a todo isto, por se fora pouco,...
Venres, 19 Abril 2024

RPT de funcionarización de varios postos dos grupos III e IV

De cara a unha vindeira mesa de negociación, a Dirección Xeral da Función Pública vén de remitirnos unha proposta de modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de postos de persoal laboral da Xunta de Galicia, no corpo de técnicos de carácter facultativo da administración especial (grupo B), no corpo administrativo da administración...