Novas por contido

Apesar de que no mes de agosto moitos compañeiros e compañeiras estarán de vacacións, seguimos coas mobilizacións contra a agresión aos dereitos sociais e aos servizos públicos por parte do Goberno.

Na Coruña, haberá concentracións diante da Delegación do Goberno, na Praza de Ourense os día 3 e 10 de agosto ás 12:00 h coincidindo coa reunión do Consello de Ministros.

NON AO SAQUEO DO POBO. HAI QUE IMPEDIR QUE NOS ARRUÍNEN

Os recortes aprobados o 13 de xullo polo Goberno de Mariano Rajoy supoñen unha perda de dereitos sen precedentes na historia da democracia e van facer aínda máis precarias as condicións de vida e traballo de case dous millóns de galegos e galegas:

Provocan un agravamento da recesión e o peche de moitas empresas, a destrución de máis de 80.000 empregos en Galicia nos próximos dous anos e o aumento da taxa de paro ata o 26%.

Diminúen entre o 5% e o 7% o salario dos 200.000 empregados e empregadas públicos galegos, agravando a perda do 12% do salario real que acumulan desde 2010. O aumento da xornada, a eliminación de dereitos e os cambios organizativos ameazan o futuro do persoal interino dos servizos públicos e deteriora a calidade do servizo.

Reducen a protección aos 270.000 parados e paradas galegos e, especialmente, aos 147.000 que cobran prestacións tanto na contía como no acceso a elas.

Agravan a situación das 150.000 persoas dependentes que hai en Galicia e das súas familias ao recortar os dereitos na atención á dependencia e poñer en perigo o conxunto do sistema.

As 820.000 persoas traballadoras e as 731.000 pensionistas galegas perden poder adquisitivo polo aumento da inflación derivado da suba do IVE.

Por riba, reducen dous puntos as cotizacións empresariais á Seguridade Social para, ademais de beneficiar as empresas, xustificar no futuro un novo recorte nas pensións.

HAI QUE PARALOS

MOBILÍZATE

Descargar a nota informativa de CIG-CCOO-UGT

Outras novas recentes

Luns, 06 Mai 2024

Fondo de Acción Social 2023 (xuntanza 2/5/24)

O día 2 de maio os axentes sociais mantivemos unha reunión con representantes da Función Pública polo mal chamado Fondo de Acción Social (FAS), xa que del só queda unha única axuda: axuda para atención de persoas con discapacidade. Mantén suprimidas as axudas iniciais deste Fondo de Acción Social, como eran a xubilación, discapacidade propia, fillos/as menores, maiores a...
Xoves, 02 Mai 2024

A administración pública galega en apoio ao pobo Palestino

Cesamento do fogo xa! Israel ten que rematar coa agresión a Palestina e finalizar a ocupación! As administracións públicas, baixo o principio de servizo á cidadanía, non deben xestionar decisións políticas que supoñan alimentar a agresión de Israel a Palestina. O conflito en Gaza, xunto ás duras restricións que o goberno israelí impón a Cisxordania, teñen un impacto...