Novas por contido

FEIJOO REDUCE A ESTRUTURA DA XUNTA AFORRANDO 2,7 CENMILÉSIMAS DOS ORZAMENTOS

Unha redución ridícula e de carácter propagandístico

A suposta redución anunciada a bombo e platillo por Feijoo de 10 direccións xerais queda somentes na desaparición de 7 delas, quedando as demais ao que se estableza nunha futura lei ou na Lei de Orzamentos Xerais. Créanse ademais dúas subdireccións xerais e a Vicepresidencia da Xunta.

Tendo en conta que a desaparición de 7 directores xerais, cunhas retribucións medias de 55.269 euros (algúns como o do INEGA chega a 61.978) e que a creación de dúas subdireccións xerais supón 98.295 euros, así como que algunha das persoas cesadas xa é funcionario da Xunta, o aforro estimado sería de ao redor de 270.000 euros anuais.

Sobre uns Orzamentos consolidados de 9.858.456.530 euros, a redución de 270.000 euros anuais supón simplemente un aforro de 2,7 cenmilésimas no gasto total dos Orzamentos Xerais.


En definitiva, 2,7 euros aforrados por cada 100.000 gastados. Este é o aforro que Feijoo anuncia como resultado da súa medida de redución do goberno.

Reduce, liquida, suprime, aforra, foron os verbos empregados estes días para anunciar unha medida estrela que non é máis que pura propaganda.

Dende a CIG-Autonómica queremos que quede constancia do carácter propagandístico desta medida, que está na liña da demagoxia empregada por Feijoo nestes últimos catro anos intentando vender unha reducción das estruturas superiores da Administración galega cando o que está a facer é concentrar en poucas mans a capacidade de decisión engordando de altos cargos e persoal directivo algúns entes e órganos directivos co que suprime noutros.


Nota de prensa enviada aos medios

Outras novas recentes

Xoves, 25 Abril 2024

Reunión do Comité de Seguridade e Saúde Laboral da Consellería do Mar (18/04/2024)

Punto 1. Lectura e aprobación da acta da reunión anterior Apróbase o contido da reunión anterior (21/11/2023) onde se incorporan as alegacións presentadas pola CIG onde indicamos que as embarcacións do servizo de Gardacostas sexan considerados como lugares de traballo e por tanto se avalíen os seus riscos laborais. Punto 2. Formación dentro do marco da Seguridade e saúde...
Xoves, 02 Mai 2024

Os deberes para a nova directora de Función Pública

Representantes da CIG-Autonómica acudimos o martes 30 de abril a unha xuntanza de cortesía convocada pola nova directora xeral de Función Pública (DXFP), que agora pasa a chamarse Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (en diante, DXEP). Na xuntanza estaban presentes a nova DXEP, Nuria Aguilar Vázquez, e o anterior DXFP, José María Barreiro.  A...
Xoves, 02 Mai 2024

A administración pública galega en apoio ao pobo Palestino

Cesamento do fogo xa! Israel ten que rematar coa agresión a Palestina e finalizar a ocupación! As administracións públicas, baixo o principio de servizo á cidadanía, non deben xestionar decisións políticas que supoñan alimentar a agresión de Israel a Palestina. O conflito en Gaza, xunto ás duras restricións que o goberno israelí impón a Cisxordania, teñen un impacto...