Novas por contido

A Xunta de Galiza aínda non tomou nengunha medida para protexer aos seus traballadores e traballadoras e as persoas usuarias

A pesar das multiples solicitudes de convocatoria dos comités de seguridade e saude laboral feitas pola CIG dende o 5 de marzo perante o potencial risco de infeccion do coronavirus a resposta da Xunta esta sendo completamente dilatoria. Como consecuencia o caos e improvisación é a tonica nos edificos administrativos e os centros de atencion social da Xunta.

Débese estremar xa a limpeza e desinfección en todos os centros de traballo, é urxente a contratación de persoal de reforzo e limpeza e un plan de traballo. Nin sequera se estableceron protocolos de limpeza específico, se instalaron dispensadores desinfectantes ou se fixeron nos centros as medidas organizativas e materiais de proteccion necesarias.

Así, hoxe temos persoal sensible con maior risco por padecer enfermidades crónicas, en estado de inmunosupresión, pluripatolóxicos, embarazadas, etc para os que non se tomou ningún tipo de medida de proteccion como apartalos da atencion directa ao público.

Denunciamos especificamente a falla de batas, máscaras de protección adecuada fronte este risco biolóxico (FFP3), protección ocular e luvas que cumpran a normativa para este tipo de infeccións nos centros de traballo de atencion social como escolas infantís e residencias de maiores e centros de día. . Destacamos, por exemplo que na residencia de maiores de Volta do Castro en Santiago de Compostela estanse a facer ocos para posibles infectados, mentres o persoal non ten a mínima información nin material para a prevención do contaxio.

A Xunta si que actúa obviando ao virus

O Goberno de Galiza no seu afán preelectoral nestes últimos días sacou numerosas liñas de axudas que saturan os servizos de atención e rexistro obviando o risco de infección e provocando a concentración de persoas. Ao reves do que fai a subdelegación do goberno en Galiza nos seus edificios adminstrativos que a partir de hoxe traballan a porta pechada e con cita previa.

Dende a CIG instamos á suspensión INMEDIATA dos prazos administrativos como xa se fai no mes de agosto, de xeito que os cidadáns e cidadás non se vexan afectadas nos seus trámites coa Administración mentres dure a crise da pandemia. Ademais xa solicitamos hai días que se tomen medidas necesarias e urxentes. 

Denunciamos a deixadez e valoramos accións de denuncia aos responsables para obrigalos a protexer ao persoal.

Esta obriga da Xunta, como responsable da protección do seu persoal, ven perfectamente definida na normativa de aplicación e implica que debe garantir a seguridade e a saúde das persoas traballadoras ao seu servizo en todos os aspectos relacionados co traballo baixo o seu ámbito de dirección. Asi a prevención debe facerse perante un risco potencial e coñecido e de xeito previo, e decir antes de que a infeccion chegue aos centros.

Por iso hoxe valoramos denunciar ante inspección de traballo e acudir ao xulgado para buscar as responsabilidades penais porque os dirixentes da Xunta de Galiza non estar a tomar medidas reais para protexer a saude do seu persoal. 

Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...
Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...
Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...