Novas por contido

O 16 de abril de 2020 despois de ter a CIG presentada denuncia recibimos o requirimento que a Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social de Lugo fai a Xunta de Galicia relativo aos centros de traballo: Residencia de Maiores de As Gándaras, Milagrosa, de Monforte e de Burela; Centro de especial protección de menores Santo Anxo de Rábade; Centro de Atención a Persoas con Discapacidade Psíquica de Sarria.

O requirimento recolle a obriga legal de protexer aos traballadores e traballadoras por parte da empresa ou administración empregadora así como implica tamén a obrigación de dotarlles dos medios preventivos necesarios para que realicen o seu traballo nas mínimas condicións de seguridade.

É por iso que se efectúa o requirimento que debe ser cumprido de forma inmediata e advírtese á Xunta de Galicia que o incumprimento deste requirimento poderá dar lugar á extensión da correspondente acta de infracción:

- Require a empresa que a avaliación de risco biolóxico (exposición a coronavirus SARS- COv-2) deberá repetirse periodicamente, cada vez que se produza un cambio nas condicións que poida afectar á exposición dos traballadores e traballadoras a axentes biolóxicos, e tendo en conta as modificacións que se produzan nas recomendacións e pautas establecidas polas autoridades sanitarias.

- Realízase advertencia para que modifique o Anexo e no caso de operacións de aerosolización será precisa máscara con nivel FFP3.

- Realízase requirimento para que se dote a todo o persoal dos devanditos equipos de protección individual en número suficiente que cumpran coas especificacións técnicas requiridas, para unha adecuada protección fronte ao axente biolóxico grupo 2.

- Realízase advertencia de cumprimento das recomendacións sanitarias recollidas no documento técnico antes mencionado, de que as tarefas de asistencia de caso posible ou confirmado son tarefas de exposición de risco, polo que a protección respiratoria xeralmente recomendada para os profesionais da saúde, e por tanto extensible a persoal de atención/coidado persoas residentes que poida estar en contacto a menos de 2 metros con casos posibles, probables ou confirmados, é unha máscara autofiltrante tipo FFP2 ou media máscara provista con filtro contra partículas P2. As máscaras autofiltrantes ou, no seu caso, os filtros empregados non deben reutilizarse e, por tanto, deben refugarse tras o seu uso. As medias máscaras deben limparse e desinfectarse despois do seu uso. Para iso seguiranse estritamente as recomendacións do fabricante e en ningún caso, o usuario debe aplicar métodos propios de desinfección xa que a eficacia do equipo pode verse afectada.

- Realízase requirimento para que se recollan na avaliación de riscos as medidas alternativas a adoptar en caso de carecer dos EPIS que deban ser utilizados.

- Realízase requirimento para que, a formación teórica e práctica debe proporcionar ao traballador a adecuada información, instrución e adestramento sobre os riscos biolóxicos que afecten o seu posto de traballo ou función, e das medidas de protección ou prevención aplicables aos devanditos riscos, incluíndo colocación, uso, retirada e desinfección dos equipos de protección individual. Da entrega da devandita información, así como da impartición de formación, deixarase constancia mediante firma do traballador.

- Así mesmo, realízase requirimento para que se garanta en todo momento, o cumprimento das obrigacións de información, consulta e participación dos representantes dos traballadores, EN CONCRETO, as establecidas no art. 33- ss da Lei 31/95, do 8 de novembro, respecto a os delegados de prevención, e no art.39 respecto do Comité de Seguridade e Saúde.

- O empresario garantirá unha vixilancia adecuada e específica da saúde dos traballadores en relación cos riscos por exposición a axentes biolóxicos, realizada por persoal sanitario competente, segundo determinen as autoridades sanitarias nas pautas e protocolos que se elaboren. Dita vixilancia deberá ofrecerse aos traballadores nas seguintes ocasións:

a) Antes da exposición. 

b) A intervalos regulares en diante, coa periodicidade que os coñecementos médicos aconsellen, considerando o axente biolóxico, o tipo de exposición e a existencia de probas eficaces de detección precoz.

c) Cando sexa necesario por detectarse nalgún traballador, con exposición similar, unha infección ou enfermidade que poida deberse á exposición a axentes biolóxicos.O servizo sanitario do servizo de prevención de riscos laborais serán os encargados de establecer os mecanismos para a investigación e seguimento dos contactos estreitos no ámbito das súas competencias, de forma coordinada coas autoridades de saúde pública.

- Coordinación: Cando nun mesmo centro de traballo desenvolvan actividades traballadores de dúas ou máis empresas, estas deberán cooperar na aplicación da normativa sobre prevención de riscos laborais.
Tendo en conta que as algunhas medidas preventivas establecidas na avaliación de riscos laborais, precisan da información e coordinación con empresas externas, garantirase a coordinación necesaria con eles para os efectos de garantir a seguridade e saúde dos traballadores, e a efectiva implantación das medidas propostas.

Outras novas recentes

Mércores, 30 Setembro 2026

En mans de quen están as traballadoras do Consorcio? Alguén aos mandos? Hai alguén aí?

Xuntanza coa xerencia do Consorcio (29/09/26) O martes 22 de setembro tivemos que pecharnos no Consorcio porque a situación para moitas das traballadoras que deixaron de prestar servizos no Consorcio, é insostible. Manifestamos que non nos moveríamos do acceso ao edificio se o xerente non nos daba un día e hora para reunirnos por culpa das ilegalidades que están facendo...
Martes, 29 Setembro 2026

A EGAP responde ás críticas da CIG con autoritarismo

A nosa central denuncia que a Dirección converte o Consello Reitor da Escola nun órgano decorativo A CIG non asistiu ao Consello Reitor da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) do 23 de setembro como medida de protesta polos reiterados atrancos impostos pola Dirección da Escola á participación da única organización sindical que fiscaliza criticamente a súa...
Xoves, 01 Outubro 2026

Publicación listas provisionais PSX e xerocultor/a

No DOG do 01/10/2026 publican a RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se fan públicas as listas provisionais para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario do corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala de persoal de servizos...