Novas por contido

Este martes, día 6 de outubro, publicaron no DOG a convocatoria de elección de destino dos procesos selectivos do corpo administrativo-C1 (P.I.), veterinarios/as-A1, finanzas-A1 (P.I.), e arqueólogos/as-A1, os tres primeiros para destino provisional, e arqueólogos/as para definitivo. Os catro van ser os primeiros procesos nos que a elección de destino será telemática.

En todos os casos hai un problema que condiciona todos os procesos: non existe concurso de traslados recentes en ningún dos catro procesos (temos que remontarnos ao ano 2012 para o de corpos especiais), o que non permite ofertar prazas vacantes resultantes do concurso para ofrecer un destino definitivo, co que se van dar destinos provisionais (agás arqueólogos/as, que ten que ser definitivo porque xa tiveran destino provisional hai anos).

O número de persoas aprobadas e a cantidade de prazas ofertadas nos tres procesos de destino provisional é o seguinte:

Proceso selectivo

Persoas aprobadas

Prazas ofertadas

Corpo administrativo-C1 (PI)

57

60 (*)

Veterinarios/as-A1

55

74 (**)

Finanzas-A1 (PI)

1

1 (***)

(*) Duas prazas menos das ofertadas no buzón de postos facilitado no mes de xullo.
(**) Trece prazas menos das ofertadas no buzón de postos facilitado no mes de xullo.
(***) Unha praza menos das ofertadas no buzón de postos facilitado no mes de xullo.

Nos tres casos a marxe de manobra de quenes aprobaron é reducida, e Función Pública, en sintonía cos demáis sindicatos, rexeitou a proposta da CIG de que para os destinos provisionais se ofertasen todas as vacantes.

Para aliviar o problema de quen teña que pedir excedencia ou desprazarse lonxe, solicitamos que no caso da promoción interna, a elección fose voluntaria e que se puidese pedir excedencia sobre a marcha (se os postos restantes non son do teu interese). E a resposta que obtemos é:

  • Calquera que participe no destino provisional, estará obrigado a participar no definitivo.
  • Se unha persoa non escolle un número de postos suficientes e non obtén destino, seralle adxudicado un postos dos ofrecidos que quedase vacante. Posteriormente poderá pedir excedencia no posto que lle tocou. E no futuro poderá participar no destino definitivo.

Isto que contamos é unha información verbal, non temos nada por escrito. Pero, temos dúbidas: unha persoa que pide excedencia, poderá escoller destino definitivo ou previamente terá que pedir reingreso? Non sobraba que o director xeral de Función Pública puxera eso por escrito e o fixera público.

Outras novas recentes

Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...
Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...
Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...