Novas por contido

O Consello da Xunta de Galiza de data 03/06/2011, aproba o documento PLADIGA 2011 (Plan de defensa contra incendios forestais de Galiza). O dito documento, non foi na actualidade, nin difundido nin dado a coñecer entre o persoal dos 19 Distritos Forestais da Consellería do Medio Rural. Nese senso, non houbo sequera reunións explicativas do seu contido.

Dáse a circunstancia, que o PLADIGA 2011, vai directamente ligado ao desenvolvemento operativo do persoal e medios dos Distritos Forestais, Servizos Provinciais e Subdirección de Defensa Contra Incendios Forestais, dentro dun marco xerárquico e con definición de función. Xa que logo, se pode dicir que o PLADIGA queda en papel mollado.

As responsabilidades que aparecen  reflectidas nese documento, son de tal  envergadura que entre outras define a figura de Director de Extinción como a que planifica, coordina e dirixe os medios  na extinción dos incendios forestais, sendo na meirande parte ou en toda asumida polo persoal da Escala de Axentes Facultativos Medioambientáis e Forestais.

Un dos aspectos a destacar é todo o relacionado coa prevención de riscos laborais, facendo fincapé na figura do Técnico de Garda como máximo responsable diario de velar polo cumprimento nesa materia.

Tendo en conta o anterior, a CIG-Autonómica solicita á Medio Rural que de explicacións sobre os seguintes aspectos:

  • Cal é o grao de coñecemento por parte do persoal dos Distritos das instrucións que aparecen  recollidas no PLADIGA 2011.

  • Cantas reunións informativas se desenvolven para transmitir o contido de dito plan.

  • Que materias imparten  e que medidas adoptan os  técnicos de garda nas súas competencias sobre prevención de riscos.

  • Por que se nomean a funcionarios da Escala de Axentes Facultativos Medioambientais e Forestais como Directores de Extinción cando aínda non están presentes no lugar do incendio forestal nin teñen os medios a plena disposición

  • Que medidas adoptan os técnicos de garda en cuestión relacionadas coa prevención de riscos laborais, nas quendas nocturnas (de 21,00 a 09,00 horas)  do persoal que traballa en lugares illados e en solitario

A CIG-Autonómica, dada a temática da denuncia, tamén deu conta do anterior ás Inspeccións de Traballo das catro provincias e aos Comités de Prevención da Consellería de Medio Rural.

Outras novas recentes

Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de traslados de corpos xerais e de escalas sociais (24/04/24)

O mércores 24 de abril asistimos a unha xuntanza con Función Pública (estaban presentes o anterior, José María Barreiro, e a nova, Nuria Aguilar).  Deron traslado da seguinte información en relación aos concursos de traslados: Concurso de traslados de corpos xerais O concurso de corpos xerais vai ser publicado o día 15 de maio (puntualizan que “máis ou menos”). Serán...
Mércores, 24 Abril 2024

Prazas para elección de destino de auxiliares-C2 e administrativos-C1 (24/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos a relación de prazas que teñen previsto ofertar ás persoas que superaron os procesos selectivos de C1-corpo administrativo, e C2-corpo auxiliar: descargar. Xunto coa relación de prazas, vai unha explicación da situación das mesmas. O primeiro que salta á vista é o escaso número de prazas ofertadas.
Xoves, 25 Abril 2024

Reunión do Comité de Seguridade e Saúde Laboral da Consellería do Mar (18/04/2024)

Punto 1. Lectura e aprobación da acta da reunión anterior Apróbase o contido da reunión anterior (21/11/2023) onde se incorporan as alegacións presentadas pola CIG onde indicamos que as embarcacións do servizo de Gardacostas sexan considerados como lugares de traballo e por tanto se avalíen os seus riscos laborais. Punto 2. Formación dentro do marco da Seguridade e saúde...