Novas por contido

Recibimos o segundo borrador de prazas vacantes para o concurso de traslados de corpos xerais. Neste listado xa están incluidas todas as consellerías.

O listado inclúe algunhas modificacións respecto do primeiro listado (consellerías do Mar, Política Social, Sanidade, Cultura, Educación, Economía e Infraestruturas), no sentido de que inclúen prazas novas, e engaden observacións a prazas que as consellereías queren retirar por ter prevista a súa amortización (son as que indican "PRESENTADA CERTIFICACIÓN").

A CIG presentou alegacións ao primeiro listado, con referencias a 53 postos, pero tan só nos fixeron caso a 11 deles.

Rexeitamos a retirada de prazas por proposta de amortización das consellarías. En primeiro lugar, porque as consellerías puideron facelo e non o fixeron. En segundo lugar, porque repiten a artimaña para retirar prazas dos concursos que finalmente non son amortizadas.

Observamos un exceso de “incidentes” en prazas de Educación que non aparecen no borrador de vacantes do concurso, polo que solicitamos unha revisión a fondo das prazas desta consellería.

Denunciamos o actuar neglixente da consellería de Educación, ao non engadir en RPT (e por tanto non poden sair no concurso), prazas que levan tempo ocupadas. Referímonos a centros de nova creación, que levan anos funcionando, pero aos responsábeis de educación non se lles lembrou que teñen a obriga de incluir os postos en RPT, e por tanto non saen no concurso. Non é a primeira vez que ocorre: un caso de fai anos foi o IES o Barral-Ponteareas, creadas en RPT con catro ou cinco anos de retraso dende a súa ocupación e que non foron ofertados en varios concursos anteriores. Agora pasou no IES de Soutomaior. En data 19/06/2018 a CIG dirixiu escrito á Secretaría Xeral Técnica da consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria solicitando a incorporación das prazas en RPT. Máis dun ano despois, a Administración non cumpriu coas súas obrigas, polo que as prazas (dous subalternos e un auxiliar administrativo) non aparecen en RPT, razón pola que non se inclúen na relación de prazas vacantes a ofertar no concurso. A CIG solicita a tramitación urxente dunha modificación da RPT de Educación para incluír os referidos postos en RPT, e oferta dos mesmos en concurso de traslados. En paralelo, esiximos o cese das persoas responsábeis desta neglixencia (por non falar de prevaricación).

Temos de prazo ata o 29 de xullo para facer alegacións. Se queres comunicarnos algo, podes contactar coa CIG.

Engadir que a posibilidade de que o concurso fose convocado en xullo, xa vai ser imposíbel. Así que a cousa vai quedar xa para setembro.

Outras novas recentes

Mércores, 14 Outubro 2026

Por un sistema público galego de servizos ás persoas

Dentro da campaña que se está a levar a cabo “Por un sistema público galego de servizos ás persoas”, pedimos xuntanza tanto coa Conselleira de Política social como co Conselleiro de Educación. Adxuntamos os escritos remitidos solicitando esas xuntanzas, para, se o consideras oportuno lles envíes un recordatorio de que estamos á espera dunha data. ASUNTO: O que se...
Martes, 13 Outubro 2026

Fondo de Acción Social de 2025: listaxe definitiva de persoas admitidas

No DOG do 13/10/2026 publican a RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se anuncia a exposición das listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas dos criterios de repartición do Fondo de Acción Social do exercicio económico 2025, relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade....
Venres, 23 Outubro 2026

Voto en contra do PP a máis cursos de galego e á xornada completa do persoal lingüista (Pleno do Parlamento do 20/10/26)

Un grupo nutrido grupo de lingüistas e unha representación da CIG acudimos ao Pleno do Parlamento o 20 de outubro, onde se debateu sobre a situación límite que está a soportar este persoal e a altísima demanda de formación en galego desatendida ano tras ano pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP). O BNG presentou unha iniciativa para ampliar a dotación de cursos...