Novas por contido

Función Pública non incluíu as novas vacantes xeradas dende a convocatoria do concurso, en novembro de 2019. 

Cando o 27 de novembro do 2019 foi publicada a convocatoria do concurso de traslados de corpos xerais, Función Pública difundiu tamén a relación de vacantes ofertadas (na propia convocatoria). Pero a solicitude de postos non se podería facer ata que por xaneiro sacarían un segundo listado coas prazas das persoas que solicitaron concursar e por tanto eran potenciais vacantes (esto é, o listado de posíbeis resultas).

Pasou xaneiro, e febreiro, e mediados de marzo (ata ese intre o virus non era a xustificación da paralización do concurso); e chegou a corentena... Pasaron tantos meses que foron aparecendo novas vacantes. Así que un bo día, a primeiros de xuño, Función Pública enviounos un listado de vacantes novas para incluír no concurso. Recibimos un montón de correos de compañeiros e compañeiras, e fixemos as correspondentes alegacións. Que enchenta tivemos cando vimos que aceptaban algunhas!

Pero... foi fume. Porque finalmente o listado de vacantes que publicaron para escoller destino a partir do día 29 de xuño, NON INCLÚE ningunha desas prazas vacantes novas. Non quixeron darnos explicacións en Función Pública, pero podemos albiscar que se trata dunha cuestión de seguridade xurídica ante posíbeis impugnacións por non abrirse un novo prazo para poder participar no concurso. Pode ser. Pero á CIG prodúcelle xenreira ser conscientes de que vamos para dous anos de retraso, e que estas prazas vacantes non incluídas no concurso, en troques de ser cubertas como deus manda, van selo mediante designación dixital (Comisión de Servizos), sen ningún criterio obxectivo.

O concurso, afectado por unha sentenza

Para complicar a cousa, o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza ditou sentenza o 17 de xuño pola que anula a modificación da RPT da Consellería de Economía, Emprego e Industria de data  17/07/2018. Función Pública e a CEEI fixeron o que lles petou, deturparon a negociación colectiva, saltáronse as normas ás que están obrigadas .. E agora, que vai facer a Adminsitración coas prazas afectadas? Van retirar do concurso as prazas creadas ou modificadas? Van engadir as amortizadas indebidamente? Van actualizar os cambios de méritos, niveis, areas funcionais e formas de provisión que foron modificados pola RPT anulada e restaurar os seus orixinais?

A CIG dirixiu escrito ao DXFP solicitando unha reunión urxente para coñecer cales son agora as pretensións da Administración para solucionar os problemas xerados por eles.

Outras novas recentes

Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...
Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...
Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...