Novas por contido

O pasado luns día 14 de outubro participamos na Comisión de Persoal na que se votou o anexo de prazas para o concurso de traslados de corpos xerais así como varias modificacións de Relacións de Postos de Traballo. Tamén falamos outros asuntos en rogos e preguntas, como o Fondo de Acción Social.

Concurso de traslados de corpos xerais

Informa o DXFP que engadiron 11 prazas vacantes por xubilación recentes, co que serían uns 2150 postos ofertados. Informa tamén que farán un engadido na convocatoria para permitir actualizar as áreas funcionais dos postos (pensando naquelas RPTs que ainda non o teñen actualizado).

A CIG non pode verificar se con eses 11 postos que comunican agora que se incorporan, están a incluir no concurso todas as prazas que nós aseguramos que están vacantes recentes, incluíndo algun falecemento e unha vacante por adxudicación ao seu titular doutro posto mediante libre designación (e publicado en DOG).

Tampouco estamos conformes con que retiren postos por proposta de amortización das consellerías (tiveron tempo para tramitar as amortizacións), pois non sería a primeira vez que finalmente non se amortizan. Para a CIG, moitas veces é unha escusa para manter agochados postos. Seguimos a pedir explicación por un posto que retiran por amortización en AMTEGA pero que o xoves saiu ofertado para ser cuberto en comisión de servizos (incongruente se non é necesario).

En canto aos postos vacantes ocupados por persoal laboral indefinido non fixo, ofertalas en concurso sen pasar por proceso selectivo é meterse nun follón xudicial. Función Pública asegura que van facer coincidir a elección de destino dos procesos selectivos coa toma de posesión do concurso. Non nos parece moi realista, veremos se o que están a facer non será meterse nun xardín.

Para o anexo de postos, CIG vota en contra. CCOO a favor, CSIF en contra e UGT absteñense. As bases xa están aprobadas.

Xa en rogos e preguntas preguntamos por cando teñen pensado convocar o concurso, que xa abonda o retraso que leva. A resposta que recibimos é, nesta ocasión, que sería a finais de outubro ou primeiros de novembro

RPT Educación

A modificación consistiu na creación de 5 postos en centros de ensino e a amortización doutros tantos.

A creación foi, realmente, o mero trámite de meter en RPT postos que levaban xa tempo cubertos. A CIG exisiu a Educación que cumprira cos seus deberes e os engadira en RPT, requisito necesario para que os postos puidesen ser ofertados en concurso de traslados.

As amortizacións son de prazas vacantes e sen ocupación, e cumpren as ratios, polo que polo libro estarían correctas. Pero na realidade é unha trapallada. Como é posíbel que haxa centros que só teñen actividade lectiva unha tarde a semana e o persoal subalterno ten que acudir ao traballo todas as tardes da semana? É imposíbel que con duas persoas se poidan atender todas as mañás e todas as tardes. Esto non vai morrer aquí.

CIG e UGT votan en contra. CCOO e CSIF votan a favor.

RPT de Infraestruturas e AXI

Crean prazas, pero continúan as amortizacións. A consellería propuxo a creación dunha praza de arquiveiro (tal e como a CIG solicita en todas as RPTs), pero Función Pública desbotou esta proposta. 

Foi aprobada co voto en contra de CIG, abstención de CCOO e UGT, e voto a favor de CSIF.

RPT Política Social

Esta é a consellería con máis volume de traballo e cunhas condicións de traballo inaceptábeis. Non aceptaron ningunha das propostas da CIG. 

CIG, CCOO e UGT votan en contra. CSIF abstense.

Rogos e preguntas

Fondo de Acción Social-2018: xa lles vale o retraso que leva. CIG pregunta polo estado do FAS, cando teñen pensado pagar. A resposta do director de Función Pública é que prevén pagar en decembro.

Procesos selectivos: segundo o director, nos vindeiros días enviarán os borradores de 8 convocatorias máis.

RPT de Cultura: preguntamos polas causas do seu retraso pois segundo nos din leva xa algún retraso de máis. Din que virá a unha próxima mesa xeral a finais de mes.

Outras novas recentes

Martes, 04 Agosto 2026

Que vaia facendo balance quen asinou este simulacro de plan de igualdade!

A CIG reclama o rexistro retributivo, imprescindíbel para analizar a fenda retributiva entre mulleres e homes.No mes de xuño a CIG solicitou o rexistro retributivo do persoal ao servizo da Comunidade Autónoma do ámbito subxectivo do I Plan de Igualdade da Xunta de Galiza, que afecta a máis de 26.000 persoas.A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración do Persoal...
Martes, 28 Xullo 2026

Plantón sindical na Mesa Xeral pola non negociación dun acordo para o Persoal Non Docente

A Consellería da Imposición e falta de Educación, segue a mofarse do Persoal da Administración e Servizos dos centros educativos, e levan á Mesa Xeral de negociación a modificación da relación de postos de traballo (RPT), sin propoñer nin dar datas de cara á negociación dun Acordo Marco de condicións de traballo para o persoal non docente dos centros, motivo polo que xa...
Martes, 04 Agosto 2026

Caos —de novo— nas nóminas de Medio Rural

Máis de 50 compañeiras e compañeiros ven como a Administración lles desconta máis de 1000 euros nas nóminas de xullo.  O caos na xestión das nóminas do persoal de Medio Rural volve quedar en evidencia. Nesta ocasión, máis de 50 axentes ambientais da provincia de Pontevedra sufriron descontos superiores aos 1000 euros na nómina de xullo baixo o concepto «Específico...