Novas por contido

Ex-delegados territoriais como Cores Tourís, Diego Calvo, Rogelio Martínez ou Raquel Arias poderían pasar a ser funcionarios si Feijoo leva adiante o seu programa electoral.

Un dos puntos máis chamativos do programa electoral de Feijoo é o referido á regulación do persoal directivo. Por tal se entende ao persoal que ocupa órganos directivos, como dirección xerais, delegacións territoriais, ou persoal eventual.

Dende a CIG consideramos alarmante e nocivo para a Administración Pública o recollido no programa do Partido Popular ao vulnerar os principios básicos de igualdade, mérito e capacidade sobre os que descansa o acceso ao emprego público.

O Estatuto Básico do Empregado Público no seu artigo 13 establece a posibilidade de regular este tipo de persoal que:

  • É una nova clase de persoal pero non un novo tipo de empregado público.

  • Desígnase, pero non se selecciona.

Non contempla, polo tanto o EBEP ninguna outra posibilidade. Pero Feijoo, no seu programa pretende “garantir o acceso e a permanencia nesa carreira de conformidade a criterios obxectivos, así como a posibilidade de promocionar dentro dela.”

Baixo este eufemismo de permanencia, así como a posibilidade de promocionar, o que se esconde é “enchufar” a centos de directivos da Administración e da miríada de axencias que creou, como funcionarios.

Xa durante o goberno en funcións de Manuel Fraga no 2005 se pretendeu unha manobra para garantir un posto de nivel aos altos cargos que tiñan a condición de funcionarios e que ían cesar, manobra que foi paralizada polo Consello Consultivo a instancias da CIG. Feijoo vai moito máis alá. Vai garantir un posto de persoal directivo permanentemente ao seu persoal afín que quedará como un lastre da Administración Pública durante unha morea de anos e que pode supor unha carga de ao redor de 15 millóns de euros anuais ás arcas públicas.

Mentres miles de empregados/as públicos/as se ven sen promoción interna, sen carreira profesional e con salarios recortados, e miles de galegos/as seguen estudando oposicións que nunca se convocaron, Feijoo pretende facer funcionarios a persoas que non se lle coñece outro oficio nin beneficio que traballar en cargos políticos cun único mérito: ser do Partido Popular.

*Nota remida aos medios

Outras novas recentes

Venres, 30 Outubro 2026

Nomeamentos como persoal funcionario de carreira e apertura do prazo posesorio de varios procesos selectivos

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se nomean persoal funcionario de carreira no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de condución, as persoas aspirantes que superaron algún dos procesos selectivos convocados polas...
Xoves, 29 Outubro 2026

BYE, BYE FABIOLA!

Hai despedidas tristes. Cando unha compañeira ou compañeiro de traballo abandona porque non pode manter á súa familia co salario que cobra, ou remata farta e con medo ás agresión que todas e todos sufrimos. eowpzSxtLVM| Nestes últimos tempos, marcados polos conflitos en ensino infantil 0-3, en menores, na discapacidade, en dependencia, en residencias, nos SAF, servizos...
Martes, 27 Outubro 2026

A Xunta pretende pechar en falso a negociación do persoal lingüista (grupo I-40) após dous meses sen facilitar os datos básicos

A CIG denuncia que a Consellaría de Cultura convoca a terceira mesa de negociación sen achegar a información sobre cargas de traballo, necesidades de persoal e externalizacións, nin ofrecer garantías contra a precariedade, a desregulación e as desigualdades salariais.  O 20 de outubro, Casares, deputado do PP, anunciaba no Pleno do Parlamento un principio de acordo, acadado...