
Chamamos a todo o persoal a participar nas concentracións convocadas contra o Decreto 40/2026, que modifica o 37/2006 de listas de substitucións. Aféctanos a todas e todos, no só ás persoas que están nas listaxes: falta de coberturas, denegación de permisos, vacacións... vai ligado a este despropósito. Esta é una modificación que recorta dereitos, limita as posibilidades de mellora laboral e impón condicións cada vez máis precarias e inxustas ao persoal interino e temporal da ...

O mércores 27 as compañeiras e compañeiros da promoción interna do 2023 imos concentrarnos para esixir á directora xeral de Emprego Público é ao conselleiro de Facenda, o dereito que temos a que se nos dea destino definitivo simultaneamente co resto dos outros 8 procesos de corpos xerais que van poder facelo en breve.
Esta situación é unha mostra máis da falta de criterio e da indolencia desa dirección xeral. E ao mesmo tempo do escurantismo co que están a manexar esta situación. Nin dan ...

O nomeamento da docente de ensino secundario Eva López Tarrío prodúcese após a modificación da RPT en febreiro para abrirlle o acceso á dirección a persoal funcionario desde corpos e escalas sen relación directa co ámbito museístico nin coa dirección de institucións culturais.
A Xunta decidiu adaptar a praza da dirección do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) para facilitar unha designación discrecional allea ao perfil técnico, museístico e cultural que require unha institución ...
Este luns 18/05/26, a CIG solicitoulle ao conselleiro de Facenda unha xuntanza para dar solución e que nos actos de elección de destino participen todas as promocións que estean nesa situación, sen que ningunha quede relegada a un futuro incerto.
As case 500 persoas funcionarias de corpos xerais que concorreron á promoción interna do ano 2023 en convocatorias derivadas das ofertas de emprego dos anos 2020 e 2021 non van poder acceder ao destino definitivo por unha decisión da directora ...

No DOG do 19/05/2026 publican o DECRETO 40/2026, do 18 de maio, polo que se modifica o Decreto 37/2006, do 2 de marzo, polo que se regula o nomeamento de persoal interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a funcionarios e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galiza.
A modo de resumo estes son os principais cambios:
Nas anteriores 6 convocatorias de letradas/os (dende 2013), quedaron desertas 2 de cada 3 prazas ofertadas. As persoas candidatas ano tras ano son incompetentes? Déixanas desertas para dalas en comisión de servizos a persoal funcionario doutras escalas? Por que dividen as prazas dunha mesma Oferta en convocatorias diferentes?
Asistimos á Mesa Sectorial do luns 18 para negociar as bases da convocatoria do proceso selectivo para a escala de letradas/os, un proceso moi similar ao convocado no ...
Hoxe, 18/05/26, na mesa xeral a DXEP tampouco quixo dar resposta razoada á demanda de que a promoción interna do 2023 poida participar nos actos de elección de destino definitivo.
A resposta que deu é que aínda hai un prazo de 20 días para presentar a documentación e que hai un prazo dun mes para presentar recursos de alzada.
Sobre isto último supoñemos que coñece que o recurso de alzada non é suspensivo con carácter xeral, xa que a continuación dixo que teríamos que esperar ata o 30 de ...
As competencias en todas as etapas educativas, tenas de xeito exclusivo a Xunta, non o Goberno español, como quere facer crer Rueda e, polo tanto, é a Xunta a que ten na súa man estabelecer en que condicións hai que prestar este servizo público.
Seica as competencias en Educación son do Goberno español! Que morro teñen!!
En declaracións recentes, o presidente da Xunta de Galiza anima ás traballadoras das escolas infantís a manifestárense en Madrid contra o Goberno español. Dende a CIG ...

A CIG convoca dúas novas asembleas abertas a través de internet para falarmos das condicións de traballo do Persoal Non Docente dos centros de ensino, e do persoal de cociña en xeral.
O obxectivo é que a Xunta se sente a negociar coas organizacións sindicais un acordo que regule as condicións laborais deste persoal.
As asembleas van ser en dous días e horarios diferentes, para facilitar así a participación de máis compañeiras e compañeiros:
O mércores 06 de maio de 2026 tivo lugar unha xuntanza da Mesa de Diálogo de SEAGA onde se nos informou da creación de 42 brigadas de “reforzo” para o Servizo de Prevención de Incendios Forestais (SPIF). A duración dos contratos sería de 90 días e a súa xustificación viría dada pola falta de recursos en determinados períodos e localizacións.
Dende a CIG Autonómica non podemos compartir a volta a este sistema do pasado e a asumir que o problema dos lumes en Galiza é estacional. A experiencia ...

O Consorcio reclámalle ao persoal cartos que non lle aboou previamente en concepto de IRPF
Na prestación por risco durante o embarazo, as traballadoras tardan en cobrar a prestación varios meses, adiantándolle o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar o salario na contía correspondente á prestación. Esta situación ocasiónaa a demora na tramitación da prestación, por mor de causas imputables á propia entidade (demóranse en mandar a documentación á traballadora, ás veces meses, ...