A CIG gañou o conflito colectivo ante o TSXG, que declara nula a cláusula contractual na que se suspendía o contrato ao persoal substituto nos períodos de vacacións no que pechan as escolas infantís
Nas escolas infantís da rede pública de cero a tres anos, a Administración galega castigaba ao persoal substituto ao non cotizar, non cobrar e non ter acceso á prestación por desemprego durante o período de vacacións, na que lles suspendían o contrato aínda que as persoas traballaran todo o ...
O 19 de xaneiro de 2023 Función Pública colga a resolución para o acto de elección de destino do corpo auxiliar. Estamos a falar de procesos convocados no 2019 e principios do 2020. Algo máis de 3 anos para resolver un proceso e aínda non rematou!
No caso da promoción interna, levan esperando dende xuño do 2022 no que saíu o listado de persoas aprobadas. E a maiores da dilación inxustificable do proceso os postos para ofrecerlles en destino provisional son 339 para 332 aspirantes (13 de ...
Aplicou descontos ás traballadoras e traballadores que estaban de servizos mínimos
O Xulgado nº1 do Contencioso Administrativo de Santiago de Compostela vén de estimar o recurso contencioso administrativo contra a resolución da Secretaría Xeral Técnica da consellería de Medio Rural, de 27 de agosto de 2020, na que inventa uns criterios de descontos salariais que aplicou nas nóminas de agosto e setembro de 2020 ao persoal técnico de incendios (enxeñeiros/as de montes e técnicos/as ...
Gardacostas de Galiza concentráronse este xoves 22 de decembro diante da Delegación do Goberno na Coruña para reclamar a modificación da Lei 47/2015, que regula a protección social das persoas traballadoras do sector marítimo-pesqueiro, e se inclúa no Réxime especial de traballadores do Mar ao persoal funcionario das escalas de Gardacostas.
Con esta protesta, a CIG dá continuidade á campaña para reclamar unha solución á discriminación que sofre este colectivo laboral polo simple feito de ...
Función Pública convócanos á mesa de negociación das convocatorias e enterámonos de que non van cambiar nada porque xa están no DOG.
Envían a documentación a última hora e non podemos nin negociar sobre os cambios nin facer que se revisen unha a unha en cada corpo, escala ou categoría.
Isto aconteceu este mércores 21 de decembro...e para branquear a imposición de mais de 150 convocatorias de procesos selectivos de estabilización cheos de erros...din que poderán recoller alegacións e mudar ...
Ampáranse en que o goberno central impón unha determinada taxa de reposición de efectivos, que o PP utilizou durante os mandatos de Rajoy, para xustificar unha OEP minguada.
Non queren negociar a oferta de emprego
Para evitar a negociación a Xunta envía cunha hora de antelación á Mesa Xeral onde vai na orde do día a Oferta de Emprego Público de 2022, as táboas cos datos do número de prazas e do reparto por corpos, escalas e categorías, e o desglose por quenda de acceso libre e de ...
Ante a falta de persoal substituto nas listaxes de contratación temporal actualmente en vigor, o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, procedeu á selección de persoal a través do SEPE para dar cobertura ás necesidades de persoal dos centros de traballo.
Esta situación de esgotamento das listas e a selección de persoal para fornecelas, impide calquera seguimento das contratacións e das propias listaxes, pois non pode ser comprobado nin pola representación sindical nin ...
|
|
|
|
|
Decepción ante a falta de vontade política do goberno. Os grupos no Congreso manifestan o seu apoio, pero o goberno veta a emenda que permitiría resolver a situación.
A Secretaria nacional de CIG-Autonómica, acompañada duns compañeiros do Servizo de Gardacostas de Galiza, reuníronse na mañá do martes 13 de decembro con representantes dos grupos parlamentarios no Congreso das e dos Deputados para reclamar o seu apoio e que se modifique a Lei ...
Para termos dereito á xubilización anticipada con coeficientes redutores, para rematar coa discriminación do ISM por sermos persoal funcionario: esiximos a inclusión no Tremar (réxime especial do mar).
O vindeiro martes 13 de decembro acudiremos ao Congreso dos Deputados, onde se defenderá a enmenda impulsada pola CIG para a Lei de Pesca Sustentable co obxectivo de rematar con esta inxusta exclusión.
K0aHbb8Z_O8