Novas por contido

Moito falar de preocuparse das persoas en situación de desemprego neste País e resulta que a Xunta organiza o dispositivo de desenvolvemento da xornada electoral do 21 de outubro maioritariamente con empregadas e empregados públicos cando tiña a posibilidade de darlle algo de traballo a calquera das oficialmente 260.000 persoas galegas en desemprego.

É curioso que para traballar, a fin de contas, prefiren ás empregadas e empregados públicos, pero para organizar mellor contratan unha empresa amiga. A empresa INDRA, adxudicataria de multitude de contratos e encomendas de xestión coa Xunta, é a que se encarga de seleccionar ao persoal. O traballo consiste en acudir dúas xornadas, a primeira consiste nun simulacro e a segunda é a propia xornada electoral. O persoal que vai traballar no complexo administrativo de San Caetano, cobrará entre os 200 e os 400 €.

En principio só queren empregados e empregadas públicas (para que despois falen mal) pero moita xente botouse atrás no último momento, xa que había que facer un contrato laboral a través dunha Empresa de traballo temporal, e tiveron que tirar das listas do paro. Do tema da compatibilidade xa se encargaba INDRA de falar directamente con Función Pública e “se hai que rachar co contrato, faise e listo”, iso foi o que nos dixeron. Hai diversas categorías, telefonista, correo, persoal colaborador nas mesas electorais, etc. En función disto é polo que se cobra.

Porque non todos cobran esa pasta. O persoal colaborador das xuntas electorais provinciais e de zona gañarán 90 euros ou como moito 100 euros que lle pode ofrecer algún concello que é quen os contrata. O seu chollo consiste en visitar catro veces ao día unha mesa electoral e transmitirlle a Compostela os datos de participación e algunha posible incidencia que se dese ao longo da xornada.

Naturalmente, a formación do persoal elixido corre a cargo da "empresa seleccionadora" e inclúe unha xornada previa (un sábado de 08:45 a 14:30 h.) na que se realiza un simulacro xeral. No anuncio de INDRA informan de que o persoal colaborador seleccionado recibirá unha compensación económica polas tarefas de colaboración efectivamente realizadas, pero non din nada de que hai que facer un contrato laboral con xente que xa ten un posto de traballo e que lle pode traer algún problema de incompatibilidade.

Dende a CIG esiximos publicamente que esa selección se faga entre as persoas en situación de desemprego, entre xente sen recursos,  isto non sería novidoso pois xa hai concellos que o sorteo o fan entre os parados. Polo tanto, sr. Feijóo, non estamos a pedir nada doutro mundo, só que tome nota e faga a selección que lle recomendamos, porque ante a grave situación económica que estamos a padecer, o interese en participar como persoal colaborador nestas eleccións temos por seguro que é moi numeroso.

Descarga anuncio colgado nos taboleiros de San Caetano

*Nota remitida aos medios

Outras novas recentes

Luns, 19 Outubro 2026

Convocatoria promoción interna A2-Inspección de consumo (para MSF 20/10/26)

A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convoca Mesa Sectorial de Negociación de Persoal Funcionario para o martes 20 de outubro, para discutir a convocatoria da promoción interna á escala de inspección de consumo, subgrupo A2. Descargar. Outra vez nos envían a documentación sen tempo abondo para a súa difusión e preparación, sen unha negociación...
Mércores, 21 Outubro 2026

A loita polas condicións laborais do Persoal Non Docente dos centros de ensino

Logo de anos de loita semella que comeza a verse algo de luz ao final do túnel, estamos expectantes ante a reunión que nos agarda. Creemos que é fundamental unha regularización e actualización das funcións así como dotar dunha estrutura organizativa departamental encamiñada á profesionalización, acorde coas novas realidades técnicas  e  que dea resposta ás necesidades...
Luns, 19 Outubro 2026

Destinos e convocatoria oposicións (axen. ambientais, c2-cociña, coidador, subalterno, limpeza, e P.I. administrativo) (MSF 16/10/26)

Na Mesa Sectorial de Negociación do Persoal Funcionario (MSF), discutimos coa Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEP), as bases das convocatorias de varios procesos selectivos. Na rolda aberta de intervencións, a DXEP deu información sobre a convocatoria de elección de postos de diversas escalas. Convocatoria de procesos selectivos Respecto das...