Novas por contido

11 para 22.000 traballadores/as.

La Voz publicou o venres 1 de febreiro unha nova sobre os 145 liberados que Función Pública ofrece aos sindicatos. Pois ben, a CIG-Autonómica, sindicato maioritario no ámbito da Función Pública ten 11 liberados/as institucionais:

  • Fernando García- Secretario nacional da CIG-Autonómica, membro da Xunta de Persoal de Pontevedra e titular da Comisión de Persoal da Xunta de Galiza. (Pontevedra)
  • Alexandre Prieto- Responsábel de Organización da CIG-Autonómica, membro da Xunta de Persoal de Pontevedra e representante da CIG-Autonómica na Mesa Xeral de Empregados Públicos. (Vigo)
  • Carmen Santamariña- Secretaria nacional da Federación de Administración Pública. (A Coruña)
  • Elvira Patiño- Membro da Executiva confederal da CIG. (A Coruña)
  • Xerardo Alvaredo- Membro da Executiva da CIG-Autonómica membro da Mesa Xeral de Empregados Públicos. (Lugo)
  • Delio López- Responsábel da CIG-Autonómica en Lugo, membro da Mesa Xeral de Negociación de Funcionarios/as e presidente da Xunta de Persoal. (Lugo)
  • Carolina Castro- Membro da Executiva da Federación, membro da Mesa Xeral de Empregados Públicos e do comité de empresa da Consellaría de Educación. (Ourense)
  • Alfonso Diz- Responsábel comarcal da CIG-Autonómica e membro da Mesa Sectorial de Negociación de Funcionarios/as. (Ourense)
  • Rafa Aguirrebengoa- Membro da Executiva da Federación e membro da Mesa Sectorial de Negociación de Funcionarios/as. (Ferrol)
  • Anxo Anta- Membro da Xunta de Persoal e membro da Mesa Sectorial de Negociación de Funcionarios/as. (Servizos Centrais)
  • Xosé Ramón Vázquez- Membro da Xunta de Persoal e membro da Mesa Sectorial de Negociación de Funcionarios/as. (Servizos Centrais)

Na CIG-Autonómica non temos nada que agochar. Somos o sindicato maioritario con 142 delegados/as sindicais (44 de persoal funcionario e 98 de persoal laboral) dos cales 11 están liberados/as para dar apoio aos compañeiros/as, asumir as negociacións nas mesas e para tarefas de dirección da CIG-Autonómica. 142 delegados eleitos onde 10 dos 11 son funcionarios/as e unha persoal laboral da Xunta.

Hai que lembrar que os delegados de funcionarios son escollidos en eleccións sindicais ás Xuntas de Persoal e que teñen o número de membros que marca a lei, non Función Pública, e que son os mesmos que para calquera empresa privada.

A maiores, como en moitos Convenios de empresas privadas e sectores, se establecen unha melloras, neste caso para asumir as negociacións coa Xunta de Galiza a través das mesas de negociación.

Co RD-l 20/2012, onde se nos quitou a extra, tamén se nos recortaron dereitos sindicais, entre eles as horas sindicais para tarefas de prevención de riscos laborais, as horas para os membros do comité intercentros, as horas sindicais dos delegados, etc.

Función Pública, ao igual que xa pasou na Administración do Estado, en Castela-León, Aragón, no Madrid de Esperanza Aguirre, dase conta agora que para cumplir co dereito á negociación colectiva que marca o EBEP necesita que as organizacións sindicais teñan liberados/as para acudir ás mesas e non queden invalidados todos os procesos que requiren negociación, incluídos os proxectos normativos, e por iso nos propón un acordo que á CIG-Autonómica lle suporía pasar de 11 liberados institucionais a 17.

Pero nós non queremos máis liberados institucionais. Nós queremos que restitúan aos nosos delegados e delegadas o crédito horario mensual acordado no Convenio, as horas para realizar tarefas de prevención, e as horas que lles permitan aos nosos/as compañeiros/as traballar no intercentros.

O que queremos non son máis liberados senón que os nosos delegados/as non se lle recorten as horas para o traballo sindical.

A Xunta prefire liberados/as, prefire que se acumulen horas (fai o cálculo sumando todas as horas dos delegados/as e dividindo por 150) para falar de liberados/as en vez de delegados/as.

Quere, menor número de representantes dos traballadores e os que haxa que sexan a tempo completo, para tratar de alonxar a acción sindical dos traballadores e que nos concentremos en cuestións burocráticas.

Pois ben, a CIG-Autonómica estaría disposta a renunciar a todas as liberacións se se restitúen ás horas sindicais aos nosos/as delegados/as pactadas no Convenio e as mínimas para os funcionarios recollidas na lexislación básica.

Si, temos liberados, 11 para 22.000 traballadores/as, ainda que a La Voz non lle guste.

 

Compostela, 1 de febreiro de 2013

 

Fernando García

Secretario nacional da CIG-Autonómica

Outras novas recentes

Martes, 06 Outubro 2026

A Consellaría da Lingua  mantén o abuso laboral do persoal lingüista e segue sen achegar os datos necesarios para negociar (xuntanza do 5...

A segunda xuntanza remata sen compromisos concretos para garantir a xornada completa e doce meses de actividade. O luns 5 de outubro tivo lugar a segunda mesa de negociación das condicións de traballo do persoal titulado superior lingüista da Secretaría Xeral da Lingua, do grupo I, categoría 40.  Un mes despois da anterior xuntanza, a Consellaría de Cultura, Lingua e...
Domingo, 04 Outubro 2026

Os sectores de atención social e coidados únense para rematar coa precariedade de persoal e persoas usuarias

Lanzan unha campaña de mobilización para reclamar, ademais, a xestión directa dos servizos a través dun Sistema Público Galego de Servizos de Atención ás Persoas eowpzSxtLVM Traballadores e traballadoras do sector de coidados -público e privado- veñen de unificar as súas loitas para denunciar a precariedade que padecen e as consecuencias que isto ten para as persoas...
Mércores, 30 Setembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo de varias escalas do subgrupo C1, C2 e da agrupación profesional

No DOG do 30/09/2026 publican a RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escalas técnicas de mantemento...