Novas por contido

Na Comisión de Persoal do mártes 12 de marzo modificouse o Decreto de Provisión de Postos e aprobouse a resolución que regula as vacacións, permisos e licenzas. Tamén se deu información sobre o estado dos concursos de traslados, destinos, persoal das escalas sanitarias, comisións de servizo, laboratorios de saúde pública, ..

1. Modificación do Decreto 91/93 de provisión de postos

O goberno do PP impuxo unha modificación dos prazos de toma de posesión nos concursos de traslados para os casos en que haxa cambio de localidade, que pasa dun mes a: sete días cando se produza conxuntamente un cambio de localidade de traballo e cambio de residencia, e tres días cando sexa cambio de localidade de traballo sen que haxa cambio de residencia.

A CIG leva anos reclamando a modificación deste decreto, pero nun sentido máis amplo: non admiten entrar na negociación global, negándose por tanto a regular as adxudicacións de destinos definitivo e provisional, obrigatoriedade de ofrecer todas as prazas .., así que a CIG, nesta época de recortes de dereito, non damos os nosos parabéns a máis recortes sen unha negociación máis ampla.

A modificación foi aprobada co voto en contra de CIG, CCOO, UGT e a abstención do CSIF.

2. Instruccións sobre vacacións permisos e licenzas

A pesares dos avances que houbo dende o primeiro borrador, de admitir parte das nosas alegacións, e introducir melloras con respecto as instrucións da Axencia Xeral do Estado, pensamos que non se fixo o esforzo suficiente en varios temas como por exemplo o permiso por días de exame, a falta dunha comisión de control que vele polo cumprimento da normativa e interprete as dúbidas que poidan xurdir en relación a este asunto, a negativa a contemplar un crédito horario para a formación, tal e como establece o EBEP, etc. Abstivémonos as catro OOSS.

3. Rogos e preguntas

Días adicionais de vacacións por antigüidade: ante a discusión que existe sobre se eses días están xa eliminados, a Administración afirma que o RD 20/2012 os elimina e non cabe interpretación. Na CIG temos o asunto en mans da nosa asesoría xurídica.

  • Concurso de corpos especiais: o listado de admitidos/excluidos sae no DOG do 13/03/2013.
  • Concurso de gardacostas: a puntuación provisional sairá despois de Semana Santa.
  • Concurso de escalas informáticas: o mércores 13 de marzo enviarán as bases e buzón de postos aos sindicatos.
  • Destino definitivo OEP-2005 e concurso de traslados laborais: a toma de posesión vai ser simultanea, e será para abril.
  • Listas de substitución: están a estudar a informatización de todo o proceso, incluídas as solicitudes.
  • Laboratorios de Saúde Pública: O Director Xeral de Función Pública di que terá unha entrevista cos responsábeis de recursos humanos de Sanidade para ver que saída se lle da, e que será antes de fin de mes.
  • Persoal da lei 17 (funcionarios de administración de escalas sanitarias): Pedimos que poidan acceder aos cursos da EGAP e preguntamos polo concurso e procesos selectivos, que os está a levar Sanidade. Función Pública, facendo deixadez con este persoal que é da súa competencia e que delega en Sanidade, non sabe nada. E para vergoña, non asiste ninguén da consellaría de Sanidade que poida dar a cara respostando ás preguntas.
  • Comisións de servizos: demandamos de Función Pública que tomen medidas cos numerosos casos de persoas que levan máis de dous anos en comisión de servizo, sen que ninguén faga nada. Os responsábeis da administración fan o avión, e piden listado cos casos que coñezamos. A este respecto, convidámosche a que nos pases información.

Outras novas recentes

Venres, 23 Outubro 2026

Voto en contra do PP a máis cursos de galego e á xornada completa do persoal lingüista (Pleno do Parlamento do 20/10/26)

Un grupo nutrido grupo de lingüistas e unha representación da CIG acudimos ao Pleno do Parlamento o 20 de outubro, onde se debateu sobre a situación límite que está a soportar este persoal e a altísima demanda de formación en galego desatendida ano tras ano pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP). O BNG presentou unha iniciativa para ampliar a dotación de cursos...
Luns, 19 Outubro 2026

Destinos e convocatoria oposicións (axen. ambientais, c2-cociña, coidador, subalterno, limpeza, e P.I. administrativo) (MSF 16/10/26)

Na Mesa Sectorial de Negociación do Persoal Funcionario (MSF), discutimos coa Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEP), as bases das convocatorias de varios procesos selectivos. Na rolda aberta de intervencións, a DXEP deu información sobre a convocatoria de elección de postos de diversas escalas. Convocatoria de procesos selectivos Respecto das...
Martes, 20 Outubro 2026

Destinos limpeza, cociña, mantemento, RRNN, etc. (DOG 30/09/26), inspección consumo, inspección turismo, veterinarios/as-2024. Convocator...

Información da Mesa Sectorial de Negociación de Persoal Funcionario, do 20/10/26: Nomeamento das escalas convocadas a escoller destino no DOG 30/09/26 (limpeza, cociña, mantemento, RRNN, etc, que agrupou 18 convocatorias de procesos selectivos: afirma a DXEP que publicarán a resolución co nomeamento e destino adxudicado no DOG do 30/10/26. En canto á data de toma de...