Novas por contido

Resulta curioso que a Xunta nunca teña cartos para crear os postos necesarios nunha RPT e opte por contratar asistencias técnicas e convocar bolsas de formación pero sempre atope os cartos necesarios para crear postos de persoal directivo que son moito máis caros.

O luns, 28 de outubro, a Xunta aprobará na Comisión de Persoal as primeiras RPTs de Axencias con persoal directivo, mesmo de fóra da Administración e cunhas retribucións superiores. Mentres, no DOG do 23/10/2013 publica a resolución de adxudicación de dúas bolsas para traballar na EGAP: a) unha vinculada á xestión de sistemas de teleformación e b) outra de documentación e biblioteconomía.

As ditas bolsas convocáronse no DOG do 25 de abril.  O que se pide basicamente é xente nova hipercualificada (titulación superior con bo expediente, cursos, comunicacións congresos, publicacións, idiomas, etc.) e a cambio ofrecen 1200€ brutos/mes, sen ataduras de contratos e durante uns poucos meses. A súa etapa formativa vai ser breve ou inexistente, máis tendo en conta, no caso da biblioteca, que na recentemente reformada RPT da EGAP non hai postos especializados para formar á nova bolseira.

A EGAP, que conta con 25-30 traballadoras e traballadores públicos, ten entre 5-8 persoas como bolseiras que realizan traballo puro e duro e non están formándose. Todas elas dependen da nova “Subdirección académica”. Mesmo as persoas que actualmente teñen unha bolsa “de investigación” realizan actividades completas ou ben parciais, das que saca proveito a EGAP: publicacións, coordinación de actividades...

Un dos casos máis paradigmáticos é o da biblioteca onde a nova bolseira, coma as anteriores, terá que encargarse dela en exclusiva. Non vai existir formación porque na RPT da EGAP non hai ningún posto que requira coñecementos de arquivo, biblioteconomía e documentación. O traballo dentro da biblioteca é principalmente interno con relación a arquivo e organización de fondos que xa teñen un volume considerábel debido ás publicacións e intercambios con outras escolas pero tamén ten atención ao público.

Do futuro que lle agarda á persoa vinculada á teleformación descoñecemos se vai ligada a algún persoal propio da EGAP ou directamente traballará coas 2-3 asistencias técnicas que levan os temas de informática da escola, funcións que tamén están privatizadas e están fóra da RPT e cuxa función boa parte do persoal público da EGAP asegura descoñecer.

Esa é a radiografía do traballo público da Xunta: non hai cartos para crear postos de traballo públicos pero sí os hai para pagar postos de persoal directivo que son moito máis caros. Pero claro, o traballo hai que facelo igual e os directivos só dirixen polo que vemos cada día máis servizos privatizados (informática, arquivos, bibliotecas, técnicos, adminsitrativos...) ou mesmo tirando de burdos fraudes laborais que xogan coa desesperación da nosa mocidade. En aras da austeridade verdadeira, non perdemos a esperanza en ver unha convocatoria de bolsas da Xunta para altos cargos ou persoal directivo, máis tendo en conta que a moitos destes cargos lles falta formación nas Administracións públicas.

Outras novas recentes

Mércores, 18 Febreiro 2026

Concursos de persoal educ. infantil-aux. coidador e PSX-xerocultores/as (MSF 18/02/26)

A Xunta teima en primar a adaptación ao Fides do Sergas para a tramitación dos concursos de traslados, aínda que para iso teña que sacrificar na nosa Administración o achegamento ao domicilio das fillas e fillos e persoas dependentes, así como a permanencia como mérito. Hoxe 18 de febreiro tratamos na Mesa Sectorial de Persoal Funcionario o concurso de traslados de educ....
Venres, 27 Febreiro 2026

RPTs de Cultura e Agacal; conv.concurso de traslados educ. infantil-coidadores/as e xerocultores/as-PSX (CP 26/02/2026)

Modificación da RPT de Cultura: chega 1 ano despois, polo que non era necesaria; e apertura contraditoria e inxustificada da dirección do CGAC a outras administracións, á vista do claro perfil técnico. Mentres, Agacal non negocia as modificaciónse pretende branquear a situación da dirección do CIAM, que semella ilegal; sen esquecer a proposta de cambios non xustificado noss...
Mércores, 18 Febreiro 2026

EGAP: convocatoria de actividades de formación contínua

No DOG do 18/02/2026 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2026 pola que se convocan as actividades de formación continua para o persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico e da Administración institucional. Poderá participar nas accións formativas convocadas nesta...