Novas por contido

Asisten pola CIG, Camilo Lorenzo Pérez, Manuel Chan Múñoz, Roberto Quiroga López e Xesús Dorado Noya.

Pasouse a debater sobor dos asuntos incluídos na orde do día e sobre os que recaeron os seguintes acordos:

1º. Lectura de aprobación se procede da acta anterior (agosto).

2º. Cuadrantes de traballo. Compensacións e vacacións.

3º. Establecemento das épocas de alto e baixo risco de incendios forestais.

4º. Fornecemento de comida e bebida ó persoal en caso de incendios.

5º. Permisos e licenzas. Denegación de permisos e licenzas por parte da Xefatura Territorial.

6º. Xubilación 2ª actividade desligada da extinción de incendios forestais.

7º. Pedir xuntanza na que estén presentes o Xefe Territorial, o Xefe do SPDCIF e os Xefes de Distrito para tratar os puntos anteriores.

8º. Escrito dirixído a este comité.

9º. Suxestións e preguntas.

1º. Lectura de aprobación se procede da acta anterior (agosto).

CIG: Presenta as seguintes alegacións:

Reiterar a petición que fixemos na xuntanza do mes de agosto, de que as actas recollan os comentarios de cada organización sindical en cada un dos puntos da orde do dia.

Reiterar a petición que fixemos na xuntanza do mes de agosto, de que o comenzo das xuntanzas do comité de empresa de Medio Rural de Ourense comenzen a unha hora máis acorde. Ata agora están a comenzar ás 12:00 horas.

UGT: Presenta alegacións co relación ao punto 3 da acta anterior.

CSIF: Presenta alegacións ao punto 2 da acta anterior. Fan constar que o CSIF non estivo presente na xuntanza anterior (mes agosto) por mór de que non lle foi comunicado en tempo e forma a convocatoria do comité.

Acórdase por unanimidade que a acta anterior quede pendente da súa aprobación para a próxima xuntanza.


2º. Cuadrantes de traballo. Compensacións e vacacións.

CIG: Solicitamos xuntanza co xefe do SPDCIF, podendo estar presentes os xefes de distrito, para negociar os cadrantes de traballo de cara o exercizo 2010, en aplicación do V Convenio Colectivo Único para o Persoal Laboral da Xunta de Galiza, fixándose as quendas de traballo, compensacións por domingos e festivos, así como as vacacións que os traballadores deberán solicitar en tempo e forma. Urxe esta xuntanza dado que nos encontramos a dous meses vista do remate do ano. No caso de que non desexen sentarse a negociar os cadrantes de traballo, solicitamos ao comité a denuncia ante inspección de traballo da non negociación dos cadrantes.

Solicitamos asimesmo, escrito dirixído ao Comité Intercentros do Persoal Laboral da Xunta de Galiza, para que comunique aos comités provinciais da obrigatoriedade de negociar os cadrantes de traballo do persoal do SPDCIF.

CCOO: Está conforme coa solicitude de xuntanza co xefe de servizo para negociar os cadrantes de traballo. Non conforme co escrito para o Comité Intercentros.

CSIF: Está dacordo co exposto pola CIG. Solicitan a negociación dos cadrantes para outros servizos pertencentes ao Departamento Territorial da Conselleria do Medio  Rural.

UGT: Aplicación do recollido no Convenio Colectivo Único.

Por conseguinte, aprobouse por unanimidade remitir escrito ao Xefe do Servizo para a negociación dos cadrantes de traballo. O escrito dirixído ao Comité Intercentros non foi aprobado, cos votos en contra de CCOO (7) e CSIF (1), UGT (1) abstívose.


3º. Establecemento das épocas de alto e baixo risco de incendios forestais.

CIG:m Según ven recollido no V Convenio Colectivo Único o establecemento da época de alto risco é de tres meses (xullo, agosto e setembro) máis un adicional. Como sabemos o alto risco ampliouse durante cinco días no mes de Outubro. Entendemos que non nos podemos negar a ampliación do alto risco, dado que pode considerarse como abandono do servizo. Agora ben, deberáse comunicar este feito a Comisión de Seguimento para negociar as condicións laborais durante este período. Solicitamos remitir escrito a Xefatura do SPDCIF pola compensación do exceso da xornada realizada nos cinco días que durou dita ampliación.

CCOO: Está dacordo co dito pola CIG.

UGT:  Está dacordo co dito pola CIG.

CSIF:  Está dacordo co dito pola CIG.

Por unanimidade, acordouse remitir o escrito.


4º. Fornecemento de comida e bebida ó persoal en caso de incendios.

CIG: Non é idea nosa que cando pase un minuto das 7 ou 8, a administración nos veña co bocadillo. O que pretendemos é que cando se leve un tempo considerábel (horas extraordinarias), Medio Rural faga chegar ao persoal comida e bebida, tal e como ven recollido no V Convenio Colectivo Único. Solicitamos remitir escrito dirixído ao Xefe do SPDCIF e aos Xefes de Distrito facéndolle saber do dereito ao fornecemento de comida e bebida para o persoal laboral en caso de incendios forestais. Igualmente remitir escrito ao Comité Intercentros do Persoal Laboral para que se faga chegar a Medio Rural a deixadez nos distritos forestais ao fornecemento de comida e bebida.

CCOO: Comenta que existen problemas na distribución dos bocadillos e que non é tan grave a situación como se fai saber, aínda que están dacordo en remitir os dous escritos solicitados pola CIG.

UGT: Dacordo co dito pola CIG. A favor do envío dos escritos.

CSIF: Dacordo co dito pola CIG. A favor do enviío dos escritos.


5º. Permisos e licenzas. Denegación de permisos e licenzas por parte da Xefatura Territorial.

CIG: Atopámonos con denegacións de permisos e licenzas por parte dos xefes de distrito de palabra. Pois ben, o Convenio Colectivo Único é moi claro neste aspecto “A denegación destes permisos será sempre motivada e por escrito”. Solicitamos deste comité escrito dirixído ao xefe do SPDCIF facéndolle saber que tódalas denegacións de permisos e licenzas sexan por escrito, tal e como ven recollido no convenio. Solicitamos escrito dirixído aos traballadores/as facéndolle saber da posibilidade de solicitar estes permisos no propio distrito forestal no prazo de tres (3) días hábiles, tal e como recolle o convenio, ou ben, por rexistro de conformidade coa Lei de Procedemento Administrativo. Igualmente solicitamos remitir escrito ao Comité Intercentros para que faga as xestións oportunas para que as denegacións sexan en aplicación do estipulado no convenio.

CCOO:  Voto favorábel aos tres escritos solicitados pola CIG.

UGT:  Dacordo con presentar os escritos solicitados pola CIG.

CSIF:  Dacordo con presentar os escritos solicitados pola CIG.


6º. Xubilación 2ª actividade desligada da extinción de incendios forestais.

CIG: Acolléndose ao convenio, varios traballadores pertencentes ao SPDCIF de Ourense, solicitou a 2ª actividade desligada da extinción de incendios forestais. Ata o de agora non teñen resposta. Solicitamos deste comité, remitir escrito á Conselleria do Medio Rural para que sexan concedidas a 2ª actividade, en aplicación do estipulado no convenio. Ao pertencer estes traballadores ao noso comité, solicitámoslle a Medio Rural que cando concedan a 2ª actividade nos notifiquen o feito.

CCOO: Dacordo coa CIG.

UGT: Dacordo coa CIG.

CSIF:  Dacordo cao CIG.


7º. Pedir xuntanza na que estén presentes o Xefe Territorial, o Xefe do SPDCIF e os Xefes de Distrito para tratar os puntos anteriores.

Por unanimidade, acordouse remitir escrito solicitando xuntanza onde se tratarían os puntos mencionados anteriormente.


8º. Escrito dirixído a este comité.

Recibiuse escrito dun traballador onde solicitou adscrición temporal.


9º. Suxestións e preguntas.

CSIF: No centro de Fontefiz exite unha praza de oficial 2ª agrario onde o seu titular ten unha baixa laboral de longa duración. Solicita deste comité que se poda cubrir temporalmente esta praza en aplicación do artigo 15ª Traballos de superior e inferior categoria.

UGT: Solicita que Medio Rural reparta os EPIS para cada traballador.

CIG:

1. Solicita escrito dirixído ao Xefe do SPDCIF para que non se esquezan das compensacións por horas extraordinarias. Recordarlle que a compensación por tempo de descanso das horas extraordinarias, computaránse cada unha delas por 1 hora e 45 minutos de descanso en días laborables e, 2 horas e 15 minutos en domingos e festivos. Neste mesmo escrito, facer mención ao feito de que cando a administración conceda días de compensación, especifique que é por horas extraordinarias.

2. Solicita escrito dirixído aos traballadores do SPDCIF facéndolle saber da compensación por tempo de descanso ao que teñen dereito polas horas extraordinarias realizadas.

3. Distrito Forestal XII. Miño – Arnoia, comarca forestal Celanova. Está orzamentado para construir un punto de encontro para as cuadrillas e conductores motobombas. Solicitamos de Medio Rural explicacións de como está a situación.

4. Unificación dos puntos de encontro. Solicitamos a Medio Rural a unificación dos puntos de encontro tanto para cuadrillas como conductores motobombas. Encontrámonos con puntos de encontro diante das casas particulares de motobombistas.

5. Distrito Forestal XI. O Ribeiro – Arenteiro. Na sala de descanso está instalado unha centralita correspondente a telefonía e informática. Solicitamos de Medio Rural o cambio desta centralita, de xeito que o persoal teña a sala dispoñíbel para o que foi construída.

6. Solicitamos de Medio Rural cursos de aplicador de productos fitosanitarios polo feito de que o persoal laboral do SPDCIF están traballando con este tipo de productos.

Acordouse por unanimidade, que a pregunta presentada pola UGT e as da CIG reseñadas nos puntos 3, 4, 5 e 6 de rogos e preguntas, se incorporen a ordía do día da xuntanza que se vai solicitar con Medio Rural.



Outras novas recentes

Mércores, 18 Decembro 2024

Consellarías de Educación e de Economía van adiante co traspaso forzoso e non negociado de persoal propio, laboral e funcionarial de GAIN

A última hora da xornada laboral do 16 de decembro, dende a dirección da Axencia Galega de Innovación (GAIN) remítesenos o texto oficial do 2º Acordo de traspaso: adscripción de postos con nivel orgánico inferior a sevizo e traspaso de créditos asignados aos servizos traspasado, entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a Consellería...
Luns, 16 Decembro 2024

Decreto OEP2024 de escalas sanitarias (Lei 17/89) (MSF 13/12/24)

A Dirección Xeral de Función Pública trouxo á Mesa Sectorial de Funcionarias (13/12/24) o Decreto da OEP 2024 das escalas sanitarias da Lei 17/89. Este persoal segue a ter unha xestión á marxe de Emprego Público, cando se trata de persoal funcionario de Administración. Seguindo o seu modus operandi, onde a boa fe negocial brilla pola súa absoluta ausencia: enviáronnos a...
Xoves, 19 Decembro 2024

A Xunta quere aprobar unha moi escasa Oferta de Emprego Público do 2024

Para seguir a tradición, a Administración achéganos na propia mesa (para que non dea tempo a reflexionar nin a alegar) catro follas cos anexos das prazas da OEP 2024. Limítanse a contarnos o que hai nas táboas. Polo tanto, ademais de que poidamos impugnar a propia OEP, estudaremos impugnar a falta de negociación. E ante a falta de datos ou de tempo para poder estudalos ou...