Novas por contido

Unha vez máis o Consorcio négase a aplicar ao seu persoal aquelas normas e medidas que se aplican ao resto de persoal da Xunta e son máis beneficiosas para os e as traballadores/as.

A CIG ven de presentar conflito colectivo no TSJG pola non aplicación da Lei de Emprego Público de Galiza ao persoal traballador do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. A Lei de Emprego Público establece no seu Art. 4.b) que dentro do seu ámbito de aplicación está o persoal dos Entes instrumentais da Xunta de Galiza (dos que o Consorcio forma parte). Dende que esta Lei foi aprobada no mes de maio a CIG solicitou repetidas veces dos xestores de persoal a aplicación desta norma, en especial á parte correspondente a permisos e licenzas; tendo sempre unha resposta negativa ou de silencio. Tamén se solicitou aos responsables da Dirección Xeral de Función Pública da Xunta de Galiza que cumpriran e fixeran cumprir a lei aos entes dependentes da Administración tendo tamén a calada por resposta.

Resúltanos sorprendente como todas aquelas normas e disposicións que restrinxen ou recortan dereitos son aplicadas inmediatamente ao persoal do Consorcio, case sen norma de transposición, en tanto aquelas normas que amplían ou restitúen dereitos ao persoal das Administracións Públicas teñen que ser reclamadas unha e outra vez polo noso sindicato para que os e as traballadores/as do Consorcio poidan gozar en igualdade de condicións que o resto do persoal (tal e como aconteceu cá xornada de verán).

Neste momento actual de indefinición do Consorcio, no que debía de ser substituído pola Axencia Galega de Servizos Sociais o día 1 deste mes, no que os postos de responsabilidade do Consorcio están vacantes, no que o persoal segue a agardar para que as súas condicións laborais e salariais se equiparen ao resto do persoal da Administración e a calidades dos servizos aos usuarios/as se manten pola implicación e compromiso do persoal traballador non resulta de recibo seguir a negar dereitos básicos, que a propia lei recoñece ou non sentarse a negociar como se afronta este período. Polo que seguiremos a denunciar, con todos os nosos medios, para que se respecten os dereitos dos traballadores/as do Consorcio.

Outras novas recentes

Venres, 26 Xuño 2026

A CIG esixe explicacións pola falta de postos na elección de destino de corpos xerais

Dende a CIG solicitámoslle a Emprego Público que nos aclare posto a posto a tremenda desfeita que está a facer nos procesos de elección de destino dos corpos xerais. Temos moitísimas queixas de persoas traballadoras que están nestes procesos e que non saben o motivo de que se “comeran” tantos postos. Non sabemos se en Emprego Público pensan que só son “dúas ou tres persoas...
Martes, 23 Xuño 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo dos subgrupos A1, A2, C1, C2 e agrupación profesional

No DOG do 23/06/2026 publican a RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo...
Martes, 23 Xuño 2026

Convocatoria de cursos de linguaxe administrativa galega

No DOG do 23/06/2026 publican a RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2026, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para a obtención dos certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en varias escolas oficiais de idiomas de Galiza no curso académico 2026/27. Os...