Novas por contido

A CIG consegue o apoio da oposición no Parlamento Galego para modificar a RPT que permita reforzar e aumentar o tempo de traballo do persoal de tres meses do SPDCIF.

O PP deixa a decisión en mans de Función Pública.

O pasado  luns 30 de Maio, representantes da CIG entrevistàmonos cos catro grupos parlamentares con presenza no Hórreo (PP, BNG, AGE, PsdG)  para expoñer a PNL presentada por esta central sindical pedindo a modificación da RPT de medio rural no que á temporalidade dos contratos do persoal de reforzo de verán do spdcif se refire. A petición en sí esixe a modificación  da duración do tempo de traballo anual pasando dos actuais tres meses a un mínimo de nove.

O argumentario como xa comentamos fai uns días, xiraba  arredor dos seguintes puntos:

  • A fraude de lei que supón que este colectivo esté fora do convenio  tal e como reflexan o convenio e os contratos.
  • A entrada da nova lei de proteccion civil coas novas competencias e perda da temporalidade específica dos tres meses.
  • Incremento do custe é asumíbel e razoàbel.
  • A necesidade de rematar con esta precariedade contractual.

Por parte de AGE , a xuntanza foi con Antón Sànchez, quen amosou o seu acordo coa proposta e o compromiso de presentala para ser tratada como PNL.

No caso do BNG recibiunos Tereixa Paz, da cal obtivemos o mesmo compromiso.

Polo PSdG recibiunos Pablo García, do cal obtivemos tamén o apoio a nosa proposta e a vontade de presentala conxuntamente cos outros grupos parlamentares.

Por parte do PP recibíronnos  Jose Manuel Balseiro e o presidente da comisión de agricultura Vidal Martínez. Dixéronnos que estiveran estudando a proposta e que a trasladaran a funcion pública, que estes a estaban estudando a súa vez e que estaban pendentes do seu ditame, pospoñendo a súa resposta ate que lles de ou non función pública o visto bo. Deixan ben claro que si función publica da o visto bo pola súa parte non habería problema. Xa non é a primeira vez que dende o PP se pasa a bola a función pública como si esta fóra allea ó goberno da Xunta, podendo quedar  simplemente nunha manobra típica do buenismo preelectoral para que sexa nada ó medio prazo.

À hora da confección desta nota non tiveramos contestación do grupo mixto.

Quedamos pois expectantes e vixías coas accións que arredor desta PNL se desenrolen ate conquerir o que consideramos é de xustiza.

Outras novas recentes

Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...
Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna corpos xerais; funcionarización en excedencia (para CP 17/11/26)

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocounos a unha xuntanza da Comisión de Persoal que será o martes 17 de  novembro, coa seguinte Orde do día: Convocatoria do proceso de funcionarización para o persoal laboral fixo que está na situación de excedencia. Descargar Convocatoria de promoción interna ao corpo superior-A1. Descargar Convocatoria...
Venres, 13 Novembro 2026

Agacal, Gain e Intecmar quedan para a seguinte OEP de funcionarización

A directora xeral de Emprego Público comunicounos na Mesa Xeral do 10 de novembro de 2026 que o persoal de AGACAL, GAIN e INTECMAR quedará para a seguinte OEP de funcionarización (para a cal non teñen data) porque aínda non está integrado. A integración é un requisito previo para que o persoal que o desexe poida funcionarizarse. Sen convocatoria á CIG para as negociacións...