Novas por contido

Dende a implantación do sistema de fichaxe (kronos) na Xunta de Galiza sabíase que esto (e non podía ser doutra maneria) ía chegar máis tarde ou máis cedo a todos os centros externos aos servizos administrativos centrais; así a Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Adminsitrativa está estes días introducindo o sistema de fichaxe nos arquivos, bibliotecas e museos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e O.U.

Antes de nada decir que dende a CIG estamos a favor do control horario de todos os traballadores e traballadoras da Xunta de Galicia (incluído o persoal de libre designación), que os centros teñan horarios similares e que as compensacións horarias sexan reguladas, xustas e iguais.

Pero non se pode comezar a casa polo tellado. Dende a Administración (e especialmente dende Cultura) deben saber que nos centros culturais o persoal está penado por horarios extraordinarios; polos que por riba de non cobrar un euro vailles traer problemas agora cando se enfrenten a fichar nun sistema que non lles recoñece eses horarios. Así os horarios se excepcionan en que o persoal fai tardes, sábados e domingos coas súas correspondentes libranzas; esto non está recoñecido polo Portax o que fai que a partir de agora cada traballador teña desviacións horarias que non son reais.

Para que se entenda: un traballador destes centros presta os seus servizos un sábado pola mañán (cinco horas), como compensación libra un día de semana (7 horas e media); para Kronos ese traballador lle debe á Xunta 2 horas e media. Tontos e apaleados.....

Antes de aplicar un sistema de fichaxe haberá que regular o rango de horario(*), e haberá que falar como se compensa en horas, como se compensa en cartos, como e cando se libra, e dende logo libanzas igual para todos os centros.

O dito, PRIMEIRO REGULAR E DESPOIS FICHAR, senón esto se parece máis ao barco dos irmáns Marx que a unha Adminsistración eficiente, transparente e estruturada.

Por iso SOLICITAMOS DA SECRETARÍA XERAL TÉCNICA DE CULTURA a apertura dunha Mesa de Negociación inmediata para sentar as bases dun acordo de horarios nestes centros.

(*) Aprobado con nocturnidade e aleivosía nunha modificación parcial da RPT (DOG 13/10/2006). Que por que dicimos isto? Porque primeiro apróbase a RPT en agosto metendo horario de mañán e tarde ao persoal técnico (por suposto sen compensación nengunha). Despois danse conta que meteron a pata no horario (pois tamén queren que fagan sabados e domingos) e aproveitando que fixeran unha desfeita cos códigos de titulación dos postos e meten ao final do texto(para que pase desapercibido) unha coletiña para aclarar que mañán/tarde tamén inclue sabados e domingos. Dende aquela xa houbo dúas modificacións da RPT de Cultura e non se quixo falar do tema.

Outras novas recentes

Xoves, 29 Outubro 2026

BYE, BYE FABIOLA!

Hai despedidas tristes. Cando unha compañeira ou compañeiro de traballo abandona porque non pode manter á súa familia co salario que cobra, ou remata farta e con medo ás agresión que todas e todos sufrimos. eowpzSxtLVM| Nestes últimos tempos, marcados polos conflitos en ensino infantil 0-3, en menores, na discapacidade, en dependencia, en residencias, nos SAF, servizos...
Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...
Venres, 30 Outubro 2026

Convocatorias de oposicións: xestión ambiental, C1, auxiliar de cociña, auxiliar de coidadores, subalterna e limpeza e cociña

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de concurso-oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, grupo B, escala de axentes...