Novas por contido

Reunión da Comisión de Seguimento do Acordo sobre a xornada de traballo  do persoal subalterno e sobre as retribucións do persoal subalterno e auxiliar administrativo que presta servizos nos centros educativos dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. 22/02/2010.

Na xuntanza, desde a CIG presentamos a problemática que se está a producir en torno ao Acordo:

A) Problemas de interpretación do acordo

Hai unha confusión entre os conceptos de "horarios" (tratados no punto 5) e o de "quendas" (apartado 9) que está a producir disfuncións no acordo. O máis grave non é que esta confusión se estea a dar por parte da Dirección dun centro (IES "Fernando Wirtz Suárez" da Coruña) senón que parece reproducila a xefa territorial da Coruña.

B) Problemas de aplicación do acordo

a. Necesidade de incorporar ao acordo a pequenos colectivos que quedaron fóra:
i.      Persoal funcionario en postos de laboral
ii.     Persoal laboral en postos de laboral

b. A Consellaría de Educación non constituíu a comisión de horarios cando foi formalmente solicitada por persoal subalterno dos centros desde o comezo do curso académico 2009/2010:
i.      CIFP "Rodolfo Ucha Piñeiro" – Ferrol
ii.     IES "Fernando Wirtz Suárez" – A Coruña

Para colmo, nunha xuntanza que tivo lugar o luns 15, a xefa territorial da Coruña, a quen se lle expuxo esta problemática dixo que ‘tomaba nota’ (como se esta problemática fose recente).

C) Problemas xurdidos á sombra do acordo

Se está a dar un incremento dos problemas cos horarios do persoal Auxiliar Administrativo (citamos os casos do CEIP "Camiño de Santiago" de Pedrouzo–O Pino e CEIP "Praia Xardín" de Boiro). Debe quedar claro que o Acordo nada di sobre os horarios dos Auxiliares administrativos e, xa que logo, non se pode usar como instrumento para xustificar ningún cambio de horario.

Resultado

A Consellaría di que o texto do Acordo e claro e que efectivamente diferenza ben o que son horarios do que son as quendas; móstrase disposta a mediar en todos os conflitos que se presenten con respecto ao persoal de oficinas; indican que só tiveron oportunidade de mediar no conflito do CEIP ‘Camiño de Santiago’ de Pedrouzo; están dispostos a falar coa Xefatura Territorial da Coruña para que efectivamente se cumpra o acordo e se constitúa a Comisión de horarios; aceptan que nela estean presentes un representante de cada central sindical ‘máis representativa’ e din que estudarán o cadro de persoal para ver os casos que puideron quedar fóra do acordo (funcionarios en postos de persoal laboral, do que dubidan que haxa algún coas funcións propias dos subalternos, e laborais en postos de laborais, dos que cren que deben ter recoñecidos o plus de especial dedicación).

Sobre o horario do persoal das oficinas nadan entre augas. Concordan en que o acordo nada di sobre el, pero non queren dar o paso de recoñecer que o horario deste persoal é o que con carácter xeral rexe en toda a Administración. De todos os xeitos están dispostos a mediar nos conflitos que se presenten e, todo parece indicar que, en ausencia dun procedemento ben definido para modificar os horarios en función de necesidades do servizo ben establecidas, están dispostos a aceptar que alí onde haxa conflito se estableza o horario xeral da Administración.

Sobre os períodos non lectivos indican que pode ser perigoso entrar nese tema; que os problemas actuais son aínda puntuais e que non xustifican unha actuación da Consellaría. Estas consideracións as fan extensivas ao tema da xornada de verán.

O longo da conversación, sacamos o tema dos regulamentos de réxime interno (sobre o que CCOO está a lanzar unha campaña que consideramos perigosa en tanto que cremos que de ningunha forma debe ir á Mesa Sectorial tal e como eles están a reclamar) e queda claro que non son un instrumento para a modificación de materias que son obxecto de negociación colectiva (horarios do persoal da Xunta e funcións). A Consellaría concorda e din non saber nada sobre este tema. Efectivamente eses regulamentos deben establecer o horario do centro e poden recoller os horarios do persoal do centro pero están sometidos aos límites legais propios de todo documento regulamentario. En ningún caso poden ser o instrumento para a modificación de horarios, quendas ou funcións.

Entrados no apartado de varios, desde a CIG-autonómica solicitamos unha reunión da Consellaría coas organizacións sindicais para o estudo da plataforma reivindicativa de centros de ensino que temos deseñada. CCOO tamén adianta algúns aspectos da súa plataforma reivindicativa (centrada só no persoal funcionario e deixando de lado ao persoal laboral, o que é rexeitado pola CIG, que quere aunar as reivindicación de todo o persoal funcionario e laboral dos centros). A Consellaría non considera oportuna esa reunión. Fixo fincapé en que as negociacións por Consellarías podería dar lugar a unha multiplicidade de sistemas de relacións laborais dentro da Xunta e que algunhas das reivindicacións poderían ser materia de negociación con Función Pública máis que coa Consellaría.

Din que as limitación orzamentarias cos que se moven lles impiden convocar unha xuntanza que podería levantar expectativas que de ningún xeito poderían satisfacer. Indicámoslles que aínda que é certo que calquera medida ten custos, non todas teñen por que ter un reflexo orzamentario inmediato.

En resumo, a Consellaría considera que non hai dispoñibilidade de cartos neste momento como para abrir calquera negociación que inevitablemente deberá ter unha compoñente orzamentaria. Por outro lado, existe unha grande coincidencia na interpretación do acordo entre a Consellaría e as organizacións sindicais. Desde a CIG-Autonómica seguiremos atentos para a actuación da a Consellaría e trasladarémoslle a Consellaría de Educación todos os problemas que se vaian presentando.

Outras novas recentes

Venres, 13 Febreiro 2026

Incumprimento de ratios. Un maltrato continuado

A Consellaría de Educación segue incumprindo as súas propias normas coas ratios do persoal non docente dos centros de ensino públicos do país.Desde a CIG levamos tempo denunciando unha situación que xa non é puntual. Trátase dun modus operandi consolidado da Consellería de Educación.  Cando a ratio baixa e o número de alumnado queda por debaixo do limiar establecido, a...
Mércores, 18 Febreiro 2026

Listas de substitucións do Servizo de Prevención de Incendios Forestais: convocatoria para realizar as probas físicas

No DOG do 18/02/2026 publican a RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 2026, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, pola que se convocan para realizar as probas físicas as persoas aspirantes integrantes das listas reguladas polo Decreto 37/2006, do 2 de marzo, correspondentes a determinadas categorías e escalas e especialidades da Administración da Comunidade...
Luns, 16 Febreiro 2026

Concursos de estatística e persoal experto lingüista (CP 13/02/2026)

A Xunta decide mudar o modelo de baremo dos concursos, eliminando o tempo de permanencia no posto e suprimindo o achegamento ao domicilio das fillas, fillos e dependentes, limitándoa só ao achegamento á persoa cónxuxe. O venres pasado, 13 de febreiro, tratamos en Comisión de Persoal o concurso de traslados de estatística e o de persoal experto lingüista, ademais de varias...