Novas por contido

Avaliacións de Riscos programadas para o ano 2019

A relación de centros que se avaliarán elabórase a petición das consellerías que remiten a solicitude o SPRL que establece a maiores o criterio de antigüidade para aqueles centros que leven mais de dez anos avaliados. A CIG solicita que se engada a información do criterio seguido para programar a avaliación.

As consellerías de Medio Rural e Política Social aparecen nun anexo aparte, tal e como se solicitamos, debido a que ano tras ano son as que teñen una maior siniestrabilidade.

A petición da CIG, incluiráse nesta programación una avalición para o colectivo de mergulladores, pendente de avalición inicial, sendo un colectivo de alto risco.

Solicítamos tamén a avaliación inicial do colectivo de mostreadores así como o establecemento de medidas de emerxencia.

Na Consellería de Medio Rural programaranse as avaliacións de riscos electromagnéticos e de xeito inicial a avalaición de riscos psicosociais no Distrito XVI, que se extenderá os demais distritos.

A CIG pregunta ó SPRL sí contan co número de técnicos suficientes para desenvolver estas avalicións, o que respostan que hai un técnico por provincia e outro en Servicios Centrais (técnicos do SP alleo). Estos efectivos son insuficientes dado que o número de avalicións programadas e alto e a maiores fanse os Plans de Emerxencia e visitas de seguimento.

 

Medidas de Emerxencia

Dende a CIG solicitamos que se den INSTRUCIÓNS ás consellerías para substituir ós responsables de emerxencias. Comprobamos que algúns postos están sen cubrir ben porque o titular concursou ou por baixas e outras causas.

 

  
Vixianza da saúde


Solicitamos que co fin de facilitar a vixianza da saúde, as probas específicas se fagan na mesma localidade cos recoñecementos médicos para non ter que realizar mais desplazamentos.

 

Formación en materia de prevención

A formación en materia de prevención é impartida pola EGAP e desenvolvenna os técnicos do Servizo de Prevención. Solicitamos que se adecue o contido ao número de horas impartidas.

Solicitamos ó SPRL que debido ó elevado índice de siniestrabilidade dos Peóns Forestais da Consellería de Medio Rural, se leve a cabo formación específica para este colectivo.

 

Investigación de Accidentes


A CIG solicita o SPRL que as conclusións das investigación dos accidentes, a maiores dos centros, se envíen as persoas accidentadas e se faga un seguimento da execución das medidas correctoras propostas, xa que nos consta que nalguns centros estas medidas correctoras non se executan e non se informa de delas ás persoas afectadas.

 

CSSL

A petición deste comité, o SPRL enviou un escrito as Consellerías de Sanidade e Mar, recordándolles a obriga de reunir os CSSSL.

Outras novas recentes

Mércores, 28 Outubro 2026

Xuntanza para a modificación da Orde de horarios do Servizo de Gardacostas (23/10/2026)

Despois da reunión de mesa sectorial de hai un mes onde se abordou a modificación da Orde do 2 de maio de 2006 pola que se establece o réxime de prestación de servizos, horarios, vacacións, licenzas e permisos e compensacións económicas para percibir polo persoal do Servizo de Gardacostas de Galiza, é previo á levar o texto á Comisión de Persoal onde se aprobaría, a...
Xoves, 29 Outubro 2026

Primeira xuntanza con Educación por un Acordo para o Persoal Non Docente: unha perda de tempo

A CIG denuncia a falta de compromiso e de vontade negociadora da Consellaría e advirte de que non vai permitir que se siga adiando unha reivindicación histórica do persoal non docente. As expectativas xeradas pola apertura dunha vía de negociación coa Consellaría de Educación para acadar un acordo que dea resposta ás demandas do persoal non docente quedaron frustradas na...
Venres, 23 Outubro 2026

Voto en contra do PP a máis cursos de galego e á xornada completa do persoal lingüista (Pleno do Parlamento do 20/10/26)

Un grupo nutrido grupo de lingüistas e unha representación da CIG acudimos ao Pleno do Parlamento o 20 de outubro, onde se debateu sobre a situación límite que está a soportar este persoal e a altísima demanda de formación en galego desatendida ano tras ano pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP). O BNG presentou unha iniciativa para ampliar a dotación de cursos...