Novas por contido

A semana pasada tivo lugar un novo encontro da comisión de listas no que se abordaron, entre outros, os seguintes temas:

  • Publicación das listas definitivas e actualizacións
  • Apertura de listas pechadas
  • Penalización por presentación da suspensión de chamamentos no modelo antigo


Publicación das listas definitivas e actualizacións

O día 28 de xaneiro teñen previsto publicar as listas definitivas. Se poden, adiantarán a data pero de todos os xeitos mandaranos unha comunicación previa para confirmalo. As actualizacións sairán a finais de febreiro

Apertura de listas pechadas

A Administración comunica que hai un problema coas listas de inspectores urbanísticos xa que non as abriron despois de rematar o proceso selectivo e agora existe unha petición dunha sustitución por maternidade. Propoñen facer un chamamento puntual polas listas do subgrupo A1 (titulación requirida Lic. en Dereito); posteriormente abrir a lista de inspectores urbanísticos de novo, probablemente o 1 de marzo.

Dende a CIG xa no seu momento indicamos que terían que ter aberto a lista desta categoría unha vez rematado o proceso pero que a administración negouse decindo que era crear falsas expectativas xa que a lista non se ía mover. Chamamos a atención sobor da inxustiza que supón para as persoas que traballaron por esa lista xa que na do subgrupo A1 non lles pode contar o tempo traballado e a de inspectores urbanísticos está actualmente pechada.

A Administración solicita que lle remitamos propostas, a poder ser antes da vindeira reunión (aprox. 16 de febreiro), sobre as listas que deberían ser abertas porque non se fixo tralo respectivo proceso selectivo, valorando as posibilidades de movemento que pode haber nestas. A CIG destacou as da escala de consumo. De todos os xeitos resulta difícil de valorar as posibilidades de movemento cando se trata de cubirir baixas. Entendemos que este problema de dar falsas expectativas  minguaría se a Administración non cobrase por se inscribir nestas listas.

Penalización por presentación da suspensión de chamamentos no modelo antigo

Debido a que houbo moitos recursos por penalizar a todas aquelas persoas que presentaron a suspensión ede chamamentos en papel, segundo o modelo do decreto, e non polo modelo telemático, van ser admitidas e non penalizadas.

A CIG expuxo xa no seu momento que nos pareceu un acordo axeitado, xa que aínda que temos que camiñar nesta dirección, os cambios deberían ser progresivo, fomentando o uso das novas tecnoloxías pero nunca penalizando por non facelo. Hai que recordar que anínda hai moita xente que non está correctamente formada no uso de internet e que este segue sen estar extendido nos fogares galegos.

A administración resposta que, feita a consulta á asesoría xurídica, ésta considera que un acordo da comisión non pode suplir a unha norma de rango superior (decreto) e que polo tanto, todas aquelas persoas cuia reclamación foi desestimada e posteriormente presentaron recurso antes do 29 de novembro van ser revisadas e despenalizadas. A partires desa data xa se admite de novo o modelo anterior e xa non se van penalizar.

En todo caso, a administración fala da posibilidade de incluír este cambio nunha futura modificación do decreto (da que falan moito ultimamente...) para que só se poida solicitar telematicamente.

Outros

Valorouse a posibilidade de facer públicas na web as reclamacións de persoal laboral e funcionario que chegan á comisión. A CIG pensa que é moi útil de cara á persoa afectada saber en todo momento en qué paso está a súa alegación pero que tamén se vulnera a lexislación de protección de datos coa súa publicación na páxina web. A administración estudará técnicamente o tema para incluír esa información no seu web pero de xeito que só a poida consultar a persoa afectada.

A CIG pregunta sobre se hai algunha posición por parte da administración para tratar cómo van afectar os procesos extraordinarios de consolidación do persoal laboral de cara ás listas de contratación. Tamén expón que deberíamos adoptar algún tipo de acordo sobre este tema para ir preparándoo. Saber se van contar ou non as notas dos procesos afecta a un montón de xente, laborais temporais, que están traballando por listas e que poderían verse obrigados a acudir a un proceso (sen apenas opcións en moitas categorías) para seguir tendo posibilidades de traballar. A administración resposta que aínda que non é un tema de urxencia sí é certo que temos que ir preparando e queda pendente de tratar na vindeira reunión co fin de chegar a un acordo na maior brevidade posible e publicitalo canto antes.


Outras novas recentes

Martes, 07 Abril 2026

Despropósito nos postos ofertados na elección de destino de Axentes Técnicos Ambientais

A Dirección Xeral de Emprego Público volve demostrar unha xestión caótica e irresponsable na oferta de postos para a toma de posesión Dende a CIG-Autonómica denunciamos que se ofertan só 98 postos, exactamente as persoas aprobadas (96 acceso libre B + 2 estabilización C1), cando no concurso previo quedaron 123 postos vacantes, deixando sen cubrir 49 postos reais. Xa que...
Venres, 10 Abril 2026

Benvidos á loita do persoal non docente dos centros de ensino!

A publicación do comunicado de Comisións Obreiras segue o camiño impulsado pola CIG  e confirma a necesidade dunha resposta sindical unitaria ante o desleixo da administración co persoal non docente. Estamos ante unha oportunidade para reforzar a presión colectiva, é o momento de acadar un acordo de dereitos laborais XA! A CIG, xunto co persoal de administración e...
Martes, 07 Abril 2026

A CIG urxe aumentar o teletraballo ante a crise enerxética provocada pola guerra

Esiximos a aplicación inmediata do réxime excepcional de teletraballo ante a situación actual, marcada pola suba dos combustibles e da cesta básica A guerra no Oriente Medio, tras os ataques militares de Estados Unidos e Israel contra Irán, e as súas consecuencias sobre o mercado enerxético internacional, co bloqueo do estreito de Ormuz, xa están a ter efectos directos en...