Novas por contido

Na Mesa Xeral de 16 de febreiro de 2011 tratáronse os seguintes temas:

RPT de Educación.

Manifestamos a nosa oposición á amortización das 51 prazas do centro “Terra de Ferrol”.

Fixémoslle constar á Administración que estas amortizacións, derivadas dunha política privatizadora, van ter repercusións políticas e que están no punto de mira dos traballadores e da cidadanía.

Non hai razón económica que xustifique esta privatización despois de regalarlle un centro a unha empresa privada e pagarlle ademais 6 millóns de euros. O gasto é o mesmo e non se pode presentar como a aplicación dunha política de austeridade pois a Xunta se autolimita o gasto en materia de persoal e servizos públicos pero non dubida en chegar ao dispendio en materia de contratos de xestión con empresas privadas.

Polo tanto estas amortizacións son producto non dunha política de contención do gasto público senón dunha política consciente de privatización dos servizos prestados pola Administración.

A maiores de emendar a totalidade, xustificamos a insuficiente dotación dos servizos (número de persoas que quedarían en cada quenda).

RPT de Cultura.

Estamos dacordo coa creación de postos da Consellaría pero facemos constar que isto non é máis que reflectir na RPT uns postos que levan máis dun ano creados e que non se cubren nin en comisión de servizos nin mediante chamamentos das listas, especialmente os de técnicos de arquivos.

Nos parece lamentable que se prepare unha amortización de postos de ordenanzas e vixiantes de arquivos bibliotecas e museos que se deduce da RPT do concurso e pedimos que se nos explique.

Segundo Cultura as prazas que se amortizarán máis adiante serán para crear outras na Cidade da Cultura.

RPT de Traballo.

Desde a CIG manifestamos o noso malestar polo incumprimento de acordos. É insuficiente o número de postos creados. Coa dotación de persoal, é imposíbel arranxar os problemas de quendas, días asuntos propios ou libranzas.

Así mesmo, denunciamos a concepción das residencias como simples garderías ao eliminar todo o que non sexa directamente asistencial. Denunciamos tamén a discrecional asignación de complementos e que, coa dotación de persoal  prevista é imposible cubrir turnos, o que conducirá a unha futura privatización. Desde a CIG, queremos unha negociación seria para dar servizos públicos de calidade.

A consellaría se xustificou recoñecendo a insuficiencia das creacións, pero non habendo mais recursos, cubren o que eles consideran prioritario. Respecto do centro do Carballiño, anunciaron que tomará en breve unha decisión; respecto do centro de Burela, afirmaron que posiblemente vai pasar de válidos a dependentes.

A CIG non acepta o argumento de falta de cuartos, pois para darllos a Florentino Pérez, si que os hai.

Temarios de persoal laboral

Retiraron o temario de mergullador até que se cre a categoría. Desde a CIG manifestamos que presentaremos alegacións por escrito.

A Administración informou de que os temarios serán publicados pola EGAP, pero que serán só temarios "orientativos".

Na mesma xuntanza,  desde a CIG formulámoslle a Administración as seguintes queixas:

Subdireccións Xerais cubertas en comisión de servizos.

Esiximos da Dirección Xeral de Función Pública que adopte medidas conducentes a facer cumprir a normativa en materia de comisións de servizos no caso dos postos de Libre Designación, especialmente cando se trata de subdireccións xerais. Temos constancia de numerosos casos nos que se burla a normativa nomeando a persoas para os postos de subdirectores xerais en comisión de servizos chegando incluso algunha subdirección xeral a estar ocupada 6 anos en comisión pola mesma persoa. Temos coñecemento de que hai actualmente entre 25 e 20 subdirectores xerais nesta situación irregular.

Mediante esta irregularidade estase a burlar o sistema de provisión dos postos en beneficio de persoas concretas,  para poderen manter o posto de orixe en propiedade ao tempo que ocupan o posto de subdirector/a xeral en comisión de servizo,  impedindo así que eses postos se cubran mediante os sistemas legalmente establecidos.

SPDCIF.

Deixamos constancia do noso malestar pola ausencia de representantes de Medio Rural na Mesa Xeral. Manifestamos a nosa protesta porque a vía de comunicación desta consellaría cos representantes dos traballadores sexa enviar notiñas a través da prensa.  Consideramos que todas as cuestión periféricas que rodean o Convenio e que teñen que ver con temas organizacionais e que poidan derivar nunha mellor prestación do Servizo deben ser tratadas nunha mesa e non a través do lanzamento de “sondas” nos medios.

Respecto das noticias aparecidas na prensa sobre a reorganización do Servizo, desde a CIG protestamos por consideralas  un despropósito. Manifestamos que a CIG non vai consentir que se altere o pactado en Convenio Colectivo e que iremos incluso aos Tribunais de Xustiza.

Desde a CIG, consideramos que toda negociación debe pasar polo reforzamento do servizo público, pola asunción integral por parte do SPDCIF da prevención e loita contra incendios, polo aumento de contratacións para a tempada de máximo risco a través das listas e polo respecto ao V Convenio Colectivo.

Por parte da Administración, na mesa xeral o director de Función Pública comprometeuse a comunicar a Medio Rural o alí tratado.

Conflicto na Base Operativa de Ribeira do Servizo de Gardacostas.

Na mesa xeral tampouco estaba presente ningún representante da Consellaría do Mar. Fixémoslle saber ao director xeral de Función Pública que existe un conflito grave na Base Operativa de Ribeira que pode rematar con expedientes disciplinarios, con xuízos e saíndo á prensa.

Dado que se trata dun conflicto xurdido hai tempo e onde a Consellaría non tomou cartas no asunto e se inhibiu se agudizou ata o extremo de crearse un clima laboral invivible e de repercutir na prestación do servizo. Sinalamos que hai dúas semanas que solicitamos unha entrevista urxente co secretario xeral sin ter noticia ningunha o que fixo que o conflicto se enquistase e derive en problemas maiores. Advertímoslle de que se non se sentan para tratar de solucionalo acudiremos ao xuzgado.

O director xeral de Función Pública manfestou que dará traslado a Consellaría do Mar da nosa demanda.


Outras novas recentes

Martes, 17 Decembro 2024

Mesa de seguimento do acordo de funcionarios do SPIF: consecuencias dun acordo "sen letra pequena"

O día 13 de decembro 2024 celebrouse a 9ª reunión da mesa de seguimento do acordo de funcionarios do SPIF onde a Administración presentounos uns gráficos nos que se reflexa a porcentaxe de cobertura así como a de vacacións,  comparando os anos 2023 con 2024. Dende a CIG insistimos que: - Unha vez máis que, logo do traslado do acordo ao persoal laboral, é de recibo que se...
Mércores, 11 Decembro 2024

Oferta de Emprego 2024 de escalas sanitarias (xuntanza 10/12/24)

Asistimos a unha xuntanza con Sanidade pola Oferta de Emprego Público (OEP) de escalas sanitarias (Lei 17/89) do ano 2024 (a poucos días de rematar o ano). Segundo nos transmitiron as persoas responsables políticas da consellería de Sanidade, a OEP vai ao máximo permitido por lei (110% das vacantes), que cuantifican en 15 prazas desagregadas do seguinte xeito: Clase  Prazas...
Mércores, 18 Decembro 2024

Convocatoria do Consello Reitor da EGAP (26/12/24)

O 17 de decembro recibimos a convocatoria da EGAP para asistir ao Consello Reitor, que este ano se estableceu o 26 de decembro de 2024. Como é habitual na EGAP, a convocatoria non se remite coa documentación a tratar na xuntanza (a secretaria da EGAP indica que se enviará en "datas próximas"), quizais coa expectativa de que a leamos por Noiteboa ou Nadal... Entre os puntos...