Novas por contido

NIN A MANTENTA SAE PEOR


Dende a CIG opuxémonos a que se obrigara ao persoal participante nos procesos de estabilización da Lei 20/2021 a realizar unha AUTOBAREMACIÓN.

Baremo provisional

Función Pública realizou un baremo provisional cun número igual ó dobre de prazas ofertadas en cada categoría as cales escolleu pola orde de prelación das puntuacións das listas de autobaremo.

Pero no baremo dos méritos feitos pola administración, as puntuacións difiren moito das feitas no autobaremo e desta maneira hai persoas que resultaron ter moita menos puntuación na lista provisional baremada pola administración que a que inicialmente se atribuíron no autobaremo.

A consecuencia do anterior é que persoas que non foron baremadas pola administración para a lista provisional resultan ter agora máis puntuación que outras que si foron baremadas para esta lista. Isto é así tamén para o A1.

Ao despropósito anterior temos que engadir un bo montón de erros na listaxe provisional do baremo feito pola administración:

  • Non se bareman os cursos acreditados ate chegar ó máximo de 17.5 puntos porque no momento de confeccionar a lista aínda figuran en situación de ET (en trámite) ou P (pendente) en algúns expedientes; outras persoas teñen os expedientes coa documentación xa tramitada e validada e polo tanto sí lle puntúan todos os cursos. Evidentemente non podemos consentir que se faga unha baremación de méritos mentres toda a documentación da totalidade dos expedientes non estea tramitada completa e axeitadamente.

  • Moitas persoas non se lle están a baremar os cursos de Linguaxe administrativa/xurídica galega, equivalente a Celga 5.

  • No Consorcio o tempo traballado na categoría non está a ser baremado debido a que, aínda que a categoría está correctamente expresada, a denominación do posto é incorrecta: Mestra ou Educadora A2 aparece coa denominación de Enxeñeiro técnico, peritos e axudantes titulados (!!!) e estes datos están importados dende a Seguridade Social.

  • No Consorcio non se está a ter en conta na puntuación os exames aprobados en procesos selectivos a pesares de ser da “administración convocante”, xa que o persoal fixo do Consorcio que vai ser integrado e funcionarizado na Xunta accedeu ós seus postos en virtude deses procesos selectivos convocados para cubrir prazas de  persoal laboral fixo no ano 2008.

  • Tampouco están a computarlle a moitas persoas os exames aprobados en procesos da Administración Xeral da xunta de Galiza na mesma categoría á que se presentan.

  • Na listaxe provisional do baremo de méritos da escala de Educación Social aparecen persoas (mínimo 14) que desistiron xa deste proceso porque xa acadaron unha praza derivada da OPE de 2019; isto pode estar a pasar en outras categorías.


Dende a CIG pedimos:

  • Que se faga como mínimo unha revisión de todos os expedientes que no autobaremo superen as notas obtidas na listaxe provisional do baremo realizado pola administración.

  • Que se computen os exercicios aprobados en procesos selectivos da categoría na que se participa.

  • Que se inste ó Consorcio a que certifiquen de oficio os exercicios aprobados no proceso selectivo para persoal laboral fixo do Consorcio da convocatoria do ano 2008.
  • Que se inste ó Consorcio a que corrixa de oficio os servizos prestados nos expedientes do “fides” e que redacte correctamente postos e categorías.

  • Que se eliminen das listas as persoas que xa non poden participar nestes procesos.

PEDIMOS Á XUNTA QUE PAREN AS MÁQUINAS ATA QUE OS PROCEDEMENTOS E OS EXPEDIENTES TEÑAN TRAMITADOS CORRECTAMENTE!

Non podemos estar nunha continua achega de alegacións para tratar de remendar as eivas da Administración Autonómica, que está a actuar como un polo sen cabeza.

Outras novas recentes

Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...
Venres, 13 Novembro 2026

Agacal, Gain e Intecmar quedan para a seguinte OEP de funcionarización

A directora xeral de Emprego Público comunicounos na Mesa Xeral do 10 de novembro de 2026 que o persoal de AGACAL, GAIN e INTECMAR quedará para a seguinte OEP de funcionarización (para a cal non teñen data) porque aínda non está integrado. A integración é un requisito previo para que o persoal que o desexe poida funcionarizarse. Sen convocatoria á CIG para as negociacións...
Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...