Máis que CIG-Autonómica

Afrontamos este 1º de Maio sumidos/as nunha profunda crise económica que afecta de forma moi directa á clase traballadora a través da perda de miles de empregos, redución de salarios, precarización das condicións de traballo, perda de dereitos, etc. As políticas económicas, sociais e laborais que está a promover o PP a través dos Gobernos español e galego, seguindo as directrices de institucións como o FMI, o BCE ou a Comunidade Europea, responden ao seu modelo ideolóxico de economía neoliberal e de defensa dos intereses da banca, dos especuladores e da oligarquía financeira.

Contra isto, a CIG chama á clase traballadora galega a participar nas mobilizacións convocadas en todo o país para reclamar emprego digno e rexeitar as medidas antiobreiras que se nos están a impoñer.

HORARIOS DAS DISTINTAS MANIFESTACIÓNS E CONCENTRACIÓNS:

Vigo ás 12,00 h. Cruce da Doblada

A Coruña ás 12,00 h. Praza de Vigo

Pontevedra ás 11,30 h. Praza da Ferrería

Ferrol ás 12,00 h. Avda. de Esteiro (local da CIG)

Santiago ás 12,30 h Praza Roxa

Lugo ás 12,30 h. Ronda da Muralla (edificio sindical)

Ourense ás 12,30 h. Pavillón dos Remedios

Ribeira ás 12,00 h. Praza do Peixe

Mondoñedo ás 12,30 h. Diante da ECAR

Vilagarcía ás 12,00 h. Casa do Mar

A Estrada ás 12,00 h. Praza do Concello