Máis que CIG-Autonómica

O reinicio da actividade nestas condicións agrava as situacións de risco e os abusos patronais

A CIG considera unha enorme irresponsabilidade que o goberno español permita o reinicio das actividades económicas non esenciais cando aínda estamos en situación de máxima emerxencia sanitaria, cando non se corrixiu a falta de medidas de protección nos centros de traballo, non se exerce un control estrito para o seu cumprimento ou cando mesmo se teñen relaxado algunhas das medidas adoptadas con anterioridade, como ás relativas ás persoas especialmente sensíbeis.

Os termos nos que se prorroga o estado de alarma afondan na insuficiencia e inxustiza das medidas aprobadas, obrigando as traballadoras e traballadores a volver ao seu posto, mais sen mellorar a definición das medidas de protección nin garantir a súa saúde.

Nestas últimas dúas semanas nos sectores en activo non se adoptaron os mecanismos precisos para corrixir as deficiencias nesta materia: non se aplican os protocolos de actuación ante os contaxios confirmados, non se garanten as distancias de seguridade, non se entregan os EPIs adecuados nin se dan en número suficiente, hai un desleixo absoluto na protección das traballadoras/es especialmente sensíbeis, etc.

Esta falta de seguridade resulta evidente en sectores como a sanidade, as residencias de maiores, axuda no fogar ou o comercio de alimentación, onde se están rexistrando os maiores índices de positivos e onde os abusos patronais están á orde do día, cunha total falta de control e de esixencia por parte das Administracións. Unha inseguridade para quen traballa, que se agravará co reinicio da actividade sen ter corrixido esta situación previamente.

Ao tempo comprobamos como o goberno segue a improvisar e mesmo se contradí nas últimas recomendacións/decisións sobre as indicacións de como ir traballar, pois non se corresponden as declaracións que realiza o ministro de Sanidade cos textos lexislativos e as guías de boas prácticas publicadas.

A sáude antes que o interese do capital

A central sindical vén reclamando dende o inicio da crise sanitaria a necesidade de paralizar toda actividade non esencial para garantir o cumprimento do estado de alarma e ao tempo garantir a seguridade e a saúde de toda as persoas. Para lograr isto, a CIG propuxo que, fronte ás erráticas medidas que se foron adoptando, se recoñecera o dereito das traballadoras e traballadores a un permiso retribuído por deber inescusábel e se articulara un fondo público de compensación para as empresas.

Deste xeito, non só se garantía a paralización da actividade non esencial, senón que se tería evitado a gravísima situación na que se atopan milleiros de traballadores/as incluídos/as nos ERTEs e que a día de hoxe están sen cobrar e sen certeza de cando poderán percibir a súa prestación por desemprego, debido ao colapso no que se atopan as oficinas do SEPE, incapaces de tramitar en tempo os milleiros de expedientes presentados.

As actuacións do goberno, que antepón o interese do capital fronte á saúde, facilita os abusos patronais e está provocando que a crise sanitaria, laboral e económica golpee de cheo á clase traballadora.

Outras novas recentes

Xoves, 25 Mai 2023

Cobertura de prazas de Medio Rural e a funcionarización

Nova oferta de comisións de servizo e chamamentos polas listas de contratación para a cobertura de prazas no Servizo de Incendios (SPIF) Nestes días estamos a vivir un novo episodio do caos que se está a producir co proceso de funcionarización do SPIF. Dende a Consellería de Medio Rural enviáronos unhas listaxes con prazas para a súa cobertura mediante comisión de servizos...
Xoves, 18 Mai 2023

Modificación da RPT do SPIF de cara á funcionarización (en CP 16/05/23)

Na Comisión de Persoal do pasado día 16 de maio aprobouse a RPT de funcionarización do SPIF co voto en contra da CIG. Este foi un proceso que “comezou polo tellado” e dende a CIG sempre defendimos un proceso transparente, que facilitara toda a información que permitira ao persoal do servizo de incendios tomar a decisión de funcionarizarse ou non con tódalas garantías e...
Xoves, 25 Mai 2023

RPT de Augas de Galiza (para MX 29/05/23 e CP 30/05/23)

O director xeral de Función Pública convocounos a unha xuntanza da Mesa Xeral de Empregados Públicos e da Comisión de Persoal que serán, respectivamente, o luns 29/05/23 e martes 30/05/23, coa seguinte Orde do día: RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO DE AUGAS DE GALIZA Descargar Esta modificación comezou a súa tramitación cos sindicatos o 4 de outubro do 2022. Case oito meses...