Máis que CIG-Autonómica

O 28 de abril é a data estabelecida pola OIT e elixida polo movemento sindical mundial para render homenaxe aos traballadores e traballadoras vítimas dos accidentes de traballo e as enfermidades profesionais.

Enfrontamos este 28 de abril de 2020 nun “estado de alarma” decretado polo actual Goberno, como consecuencia da pandemia da Covid-19 que está a padecer o planeta. O xeito de actuar de cada Estado diante desta emerxencia sanitaria, o escenario dende o que se enfronta e as medidas que estes adoptan, teñen dende logo moito que ver cunha cuestión ideolóxica, cunha cuestión de clase.

No noso caso, vivimos nun Estado onde os Gobernos, tanto o central como o galego, veñen aplicando políticas en función dos intereses do capital, dunha elite económica sen escrúpulos que só ten como horizonte a consecución de beneficios, sen importarlle as terríbeis consecuencias que iso poida ter para a saúde das persoas e mesmo para o propio planeta.

Nesta situación de pandemia tense evidenciado o efecto perverso desas políticas neoliberais no sistema público de saúde, mais tamén nas políticas relativas á seguridade e saúde no traballo.

A Xunta de Galiza segue sen afrontar a planificacion das medidas preventivas contra este risco bioloxico nos seus centros de traballo

A Xunta dende o primeiro momento obviou o problema, mirou para outro lado a pesar de que lle estabamos a reclamar medidas preventivas urxentes para protexer a persoas traballadoras e usuarias dos seus centros, só actuou cando non tivo mais remedio obrigada pola inspección de traballo ou a forza social. Por exemplo, nos centros sociais residenciais esperou a ter o bicho dentro para aplicar unhas mínimas medidas de protección. Grazas a calidade asistencial pública e que o persoal se revelou e protexeu aos maiores a traxedia das residencias vaise aguantando na pública.

Porén, outro persoal empregado público de servizos esenciais está a traballar hoxe sen un plan de acción preventivo fronte o Covid-19. A Xunta ignorou as solicitudes de convocatorias urxentes dos comités de seguridade e saúde laboral que lle vimos demandando dende o día 5 de marzo para acordar e aplicar medidas de prevención serias.

Para a CIG é inadmisible unha volta ao traballo logo do remate dos estado de alarma sen protección. Non imos permitir que o persoal volte aos centros sen que se contemple o risco biolóxico da COVID 19. Non é suficiente con dar mascarillas e xel hidroalcohólico. Hai que implementar unha serie de medidas organizativas e materiais en cada centro de traballo, e as ten que indicar o plan de prevención da avaliación de riscos laborais.

A Xunta na súa liña, nin negocia nin se lle espera

A actitude da nosa patronal foi claramente autoritaria, non negociou nin consultou coa representación dos traballadores nin unha soa medida das poucas que implementou: improvisa e acusa a outros da súa incompetencia. Todo indica que quere impor unha volta ao choio con apenas unhas medidas mínimas xerais de prevención publicadas no DOG uns días antes e, como moito, ampliar un pouco o teletraballo nos primeiros meses.

Na CIG sabemos que as cousas non van volver a ser como antes, que as relacións sociais e laborais van mudar e que temos que loitar para que a clase traballadora que non sexamos outra vez os que paguemos esta crise. Propoñemos a ampliación do teletraballo ata límites máximos, aumentar as flexibilizacións, reducir os horarios de presenza obrigatoria, ampliar os cadros de persoal e aplicar xa a xornada semanal de 32h e priorizar a seguridade e saúde laboral sobre calquera outra acción ou actividade da administración pública.

Outras novas recentes

Xoves, 25 Mai 2023

RPT de Augas de Galiza (para MX 29/05/23 e CP 30/05/23)

O director xeral de Función Pública convocounos a unha xuntanza da Mesa Xeral de Empregados Públicos e da Comisión de Persoal que serán, respectivamente, o luns 29/05/23 e martes 30/05/23, coa seguinte Orde do día: RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO DE AUGAS DE GALIZA Descargar Esta modificación comezou a súa tramitación cos sindicatos o 4 de outubro do 2022. Case oito meses...
Xoves, 25 Mai 2023

Resolución do concurso de Finanzas

Recibimos comunicación da Dirección Xeral da Función Pública na que nos informa de que a resolución do concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escalas superior e técnica de finanzas, convocado por Resolución do 14/07/2021, será publicada no DOG do luns 29 de maio.
Xoves, 18 Mai 2023

Conciliación, carreira, FISP, EVO´s, procesos selectivos e Política Social (información da CP 16/05/2023)

Resumo dos “rogos e preguntas” da Comisión de Persoal do pasado 16 de maio, onde o director xeral de Función Pública deu a información que trasladamos. PROCESOS SELECTIVOS Calendario: publicaron o calendario onde figuran xa todos os procesos convocados (95 procesos) de libre e estabilización. Procesos pendentes de rematar: é probable que a semana que vén remitan as prazas...