Máis que CIG-Autonómica

Chega o 8 de marzo, o Día Internacional das Mulleres Traballadoras no que facemos visíbeis as loitas pola igualdade e a non discriminación que levamos pelexando durante tódolos días do ano.

Nesta xornada de loita polos dereitos das mulleres traballadoras chamamos a todo o persoal da Administración Pública galega a que secunde, na medida das súas posibilidades, as mobilizacións que a Secretaría da Muller da CIG convoca neste día baixo a reivindicación da fin da desigualdade e contra os gobernos que teñen a responsabilidade de garantir os nosos dereitos.

Estamos a rematar o ciclo dunha pandemia que evidenciou de xeito claro a importancia que tiveron os sectores dedicados aos coidados, e o dobre custo que tivo para as mulleres por seren maioritariamente feminizados os sectores esenciais e por teren que asumir os traballos de coidados nas súas casas (dobre xornada).

Pero as desigualdades xa son vellas coñecidas nosas e esiximos a súa fin:

  • Non a todo tipo de violencia no traballo
  • Que se equiparen as pensións das mulleres ás dos homes
  • Que desaparezan as fendas salariais e se cobren os mesmos conceptos salariais e extrasalariais
  • Que se valoricen os traballos dos sectores feminizados e deixen de ser precarios
  • Que se facilite a conciliación e se fomente a corresponsabilidade

Na nosa Administración tampouco somos alleas ás dificultades para conseguir a igualdade plena de dereitos e a fin da discriminación. Non queremos discursos ocos e actos de cara á galería neste 8 de marzo. Deben ser postos todos os medios para favorecer a conciliación e rematar coa precariedade no emprego, para protexernos do acoso laboral, sexual e por razón de xénero, para conseguir a paridade real nos postos de responsabilidade, etc.

Queremos que a equidade que se promove para o tecido produtivo galego sexa unha realidade xa no seo da Administración da Xunta de Galiza, e que se poña fin a 14 anos de ausencia do seu I Plan de Igualdade de Oportunidades e Trato para Homes e Mulleres na empresa, no que se avalíe, diagnostique e se poña remedio ás carencias detectadas no terreo da igualdade con plena implicación, medios materiais e humanos, e non sexa só cumprir un requisito legal.

 

Outras novas recentes

Venres, 17 Marzo 2023

EGAP: cursos sobre tecnoloxías da información e da comunicación, administración electrónica e protección de datos

A EGAP publica no DOG do 17/03/2023 a Resolución pola que se convocan cursos sobre tecnoloxías da información e da comunicación (TIC), administración electrónica e protección de datos para o persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional e para o persoal ao servizo da...
Martes, 14 Marzo 2023

Flexibilidiade por conciliación, RPTs (Mar e PS), funcionarizacion limpeza e cociña (para MX 17/03/23)

O director xeral de Función Pública convocounos a unha xuntanza da Mesa Xeral de Empregados Públicos que será o venres 17 de marzo, coa seguinte Orde do día: 1. Modificación da Relación de Postos de Traballo (RPT) referente ao proceso de funcionarización de postos de traballo de persoal laboral correspondente ás especialidades de persoal de limpeza e cociña (V-001 e V-011)....
Luns, 20 Marzo 2023

Plan de Igualdade da Xunta de Galiza: remisión da enquisa a todo o persoal

A elaboración dun Plan de Igualdade conta con diferentes fases reguladas na correspondente normativa como son o Compromiso da organización (que foi publicado neste mes) e a Elaboración da Diagnose (que necesita da recollida de datos cuantitativos e cualitativos (enquisa) para poder avaliar as carencias e propor solucións). Estas fases son necesarias para poder elaborar o...