Novas por contido

No DOG do mércores 15/07/2020, publicase a Resolución do 6 de xullo de 2020, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se modifica a Resolución do 25 de novembro de 2019, pola que se convoca concurso para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, e a Resolución do 22 de xuño de 2020, pola que se acorda a apertura do período de presentación de solicitudes de elección de postos de traballo e de xustificación da posesión de méritos e requisitos do concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia. 

Nesta resolución:

Primeiro. Inclúese un posto na relación de postos vacantes 

Segundo. Inclúense 8 postos na relación de postos de potenciais resultas.

Terceiro. Amplíase o prazo de presentación de solicitudes de elección de postos e de xustificación da posesión de méritos e requisitos en sete días hábiles, o devandito prazo rematará o 28 de xullo de 2020 (corrección de erros DOG 16/07/2020).

O que non queda claro é:

1. Por que non se inclúen os postos que quedaron vacantes a partires da convocatoria (27/11/2019).

Dende que fora a convocatoria en novembro/2019 pasaron demasiados meses, polo que se produciron un montón de novas vacantes; razón pola que a Administración fixera un amago de intento de ampliación de vacantes. Finalmente o esforzo que fixo moita xente para revisar e alegar, non serviu de nada, porque Función Pública decidiu non engadilas. Nunca deron explicacións "oficiais", pero temos a idea de que foi por seguridade xurídica.

Porén, atopámonos agora que o posto numerado como 1922 que engaden agora como vacante, foi introducido no buzón de postos en febreiro de 2020. Entón, o que fan agora non é corrixir un erro, senon engadir unha vacante nova. E as demáis vacantes xeradas entre o 27/11/2019 e o 31/05/2020 (data que nos anunciaran "de peche" do listado de vacantes), por que non saen tamén? Porque o mesmo pon en perigo a "seguridade xurídica" engadir unha que cen prazas. Que ben lles ven ter un lote de prazas para repartir comisións de servizo a dedo.

2. Cal é o procedemento para que as persoas interesadas poidan incluir os novos postos que aparecen nesta resolución si xa teñen presentada a solicitude.

Entendemos que calquera persoa que xa presentou a súa solicitude de postos, podería xerar unha nova solicitude.

3. Cales son as prazas de resultas que foron retiradas do Anexo II por proposta de amortización

As oito prazas engadidas en resultas agora, son todas as que faltaban? Ou haberá prazas de persoas que solicitaron concursar e que non son ofertadas en resultas por proposta de amortización das consellerías? Demandamos transparencia a Función Pública facilitándonos esa información.

Outras novas recentes

Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna de corpos xerais; funcionarización en excedencia; finanzas-veterinarios/as-agacal-gain-intecmar (MSF e MX 10/11/26)

O martes 10, véspera da Folga Xeral, asistimos á Mesa Xeral e Mesa Sectorial de Persoal Funcionario, nas que se trataron as convocatorias de promoción interna a corpos xerais e dos procesos de funcionarización de persoal laboral fixo que está en excedencia. Na rolda aberta de intervencións a DXEP deu información da escala de finanzas, da repesca de funcionarización de...
Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...
Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...