Novas por contido

O Presidente da Xunta e o Conselleiro de Medio Rural, Samuel Juarez, responderon a varias interpelacións presentadas polo BNG e PSOE. As intervencións de Tareixa Paz e Sonia Verdes foron en prol do monte galego, o futuro do noso rural e a defensa a ultranza dos traballadores forestais da Xunta de Galicia. Mentres, Samuel Juarez adicábase a traer grises cifras sen posible comparación, a usar os incendios do 2006, o compañeiro morto despois do accidente de aviación nun incendio e a retirada dos medios estatais para defenderse.

Para nós, os que ali estabamos, traballadores do SPDCIF e axentes forestais, foi bochornoso e indignante. Como un conselleiro pode facer este tipo de declaracións? Como pode defender  que a prevención quede en mans privadas “para apoiar ás empresas forestais” e insistir na privatización continua dos servizos de extinción ao tempo que denuncia o "negocio do lume"?

E mencionar tamén a teima que ten de botar balóns fóra no caso da investigación e detención dos incendiarios aínda cando o BNG denunciou no pleno o desmantelamento efectivo das BIIF (Brigadas de Investigación de Incendios Forestais), compostas por axentes forestais da Xunta de Galicia.

Unha vez máis so queda berrar: SAMUEL JUAREZ: DIMISIÓN!!!

Outras novas recentes

Venres, 26 Abril 2024

Informa da comisión de seguimento do SPIF

O día 1 de maio entrarán en vigor os novos cuadrantes do persoal ao abeiro do novo acordo de condicións do SPIF. Tralas reunións mantidas na comisión de seguimento deste acordo existen unha serie de cuestións que quedaron respostadas, mais non foron moitas. O luns haberá unha nova xuntanza para revisar só cuestións puntuais de aplicación. E a todo isto, por se fora pouco,...
Luns, 29 Abril 2024

A CIG convoca 16 manifestacións para conmemorar o Primeiro de Maio en Galiza

Traballo digno, pola paz, a soberanía dos pobos e contra o imperialismo Precarización das condicións laborais e de vida A situación ds altos prezos da cesta da compra e a baixa capacidade adquisitiva dos salarios e das pensións, o aumento da precariedade pola xeneralización da contratación a tempo parcial e fixa descontinua e o medre da poboación en risco de pobreza e de...
Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de corpos xerais: novo listado de prazas para revisar (23/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública enviounos un novo listado de prazas para o concurso de traslados de corpos xerais. Non indican prazo, pero podemos alegar. Se é do teu interese, podes descargar o listado: ligazón. Se sabes de prazas que están mal ou non aparecen, podes contactar coa CIG. O xoves 25 de abril estamos convocados a unha Mesa Xeral, e teremos unha xuntanza...