Novas por contido

A Xunta de persoal e Comité de empresa de servizos centrais presentaron o 10 de febreiro unha alternativa ao anteproxecto do goberno galego de medidas no emprego público. Estas medidas son medidas de aforro en gastos realmente prescindibeis sen afectar aos nosos dereitos nin a calidade dos servizos públicos.

Como parece que a Xunta non se entera, no comunicado lido na concentración de hoxe en San Caetano convidouse aos compañeiros e compañeiras a que presenten un escrito para pedir a retirada do actual anteproxecto e para apoiar a alternativa xurdida das asembleas de traballadores e elaborado pola Xunta de Persoal e o Comité de Empresa de Servizos Centrais para que se trate nas mesas de negociación establecidas no EBEP. Poñemos a vosa  disposición este escrito de apoio para presentar polo rexistro.

Descargar escrito de apoio individual

Non ao Anteproxecto de Lei de Medidas no Emprego Público

Outras novas recentes

Martes, 27 Outubro 2026

A Xunta pretende pechar en falso a negociación do persoal lingüista (grupo I-40) após dous meses sen facilitar os datos básicos

A CIG denuncia que a Consellaría de Cultura convoca a terceira mesa de negociación sen achegar a información sobre cargas de traballo, necesidades de persoal e externalizacións, nin ofrecer garantías contra a precariedade, a desregulación e as desigualdades salariais.  O 20 de outubro, Casares, deputado do PP, anunciaba no Pleno do Parlamento un principio de acordo, acadado...
Mércores, 28 Outubro 2026

Xuntanza para a modificación da Orde de horarios do Servizo de Gardacostas (23/10/2026)

Despois da reunión de mesa sectorial de hai un mes onde se abordou a modificación da Orde do 2 de maio de 2006 pola que se establece o réxime de prestación de servizos, horarios, vacacións, licenzas e permisos e compensacións económicas para percibir polo persoal do Servizo de Gardacostas de Galiza, é previo á levar o texto á Comisión de Persoal onde se aprobaría, a...
Luns, 19 Outubro 2026

Destinos e convocatoria oposicións (axen. ambientais, c2-cociña, coidador, subalterno, limpeza, e P.I. administrativo) (MSF 16/10/26)

Na Mesa Sectorial de Negociación do Persoal Funcionario (MSF), discutimos coa Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEP), as bases das convocatorias de varios procesos selectivos. Na rolda aberta de intervencións, a DXEP deu información sobre a convocatoria de elección de postos de diversas escalas. Convocatoria de procesos selectivos Respecto das...