Novas por contido

Nestes momentos, mentres estamos aquí concentrados os empregados e empregadas públicas, o Consello da Xunta está aprobando un anteproxecto de lei que supón un recorte inaceptable dos nosos dereitos.

Hoxe estamos aquí,  no mesmo sitio que hai unha semana, onte estabamos na EGAP igual ca o venres pasado, a semana que vén percorreremos as rúas de Compostela e do resto de cidades de Galicia.

A Comisión de Persoal de onte foi unha burla. Unha indecente modificación con respecto á Incapacidade Temporal non é suficiente. Queremos todos e cada un dos nosos dereitos laborais, sexan respectados, a maioría das medidas que se queren aprobar son fume, non son un aforro real.

As catro organizacións sindicais, o pasado día 10 de febreiro, puxeron enriba da mesa medidas de aforro real que a Xunta, de momento, non ten en conta. Entre outras: redución das Asistencias Técnicas, redución do persoal de gabinete, redución das contías de gastos protocolarios, que as dietas e axudas de custo sexan iguais para todos/as os traballadores/as incluídos os altos cargos, implantación do software libre e redución dos gastos en publicidade institucional.

Todas estas medidas son propostas de como se debe de aforrar. Si que estamos presentando alternativas. Como parece que a Xunta non se entera, convidamos aos compañeiros e compañeiras a que presenten un escrito de apoio á alternativa xurdida das asembleas da semana pasada e elaborado pola Xunta de Persoal e o Comité de Empresa de Servizos Centrais, para que se trate nas mesas de negociación establecidas no Estatuto Básico do Empregado Público. Dende hoxe poñemos a vosa  disposición este escrito de apoio, para presentar polo rexistro.

Perante este ataque, a resposta das traballadoras e traballadores públicos é clara: Non ao Anteproxecto de Lei de Medidas no Emprego Público.

Aquí estamos, e neste camiño imos seguir, até que a Xunta rectifique, até que a Xunta deixe de insultarnos, até que se respecten os nosos dereitos.

Somos a primeira liña na defensa dos Servizos Públicos e por iso, facemos un chamamento a toda a cidadanía para que sexa consciente de que este ataque non é un ataque só contra as empregadas e os empregados públicos, é un ataque contra os Servizos Públicos e o Estado do Benestar.

A TODOS E TODAS, MOITAS GRAZAS. XUNTOS PODEMOS

Nota remitida aos medios

Outras novas recentes

Martes, 15 Setembro 2026

A Xunta de Galiza discrimina na carreira profesional ás súas traballadoras en redución de xornada por conciliación

A CIG denuncia que Facenda, por aforrar 2 pesos, incumpre toda a normativa de igualdade situándonos na prehistoria dos dereitos das mulleres traballadoras.Traballadoras da Xunta de Galiza veñen de ver  denegado o grao de carreira profesional por non acadar o tempo necesario para a súa concesión, alias a súa antigüidade na Administración fora máis que suficiente. Unha vez...
Luns, 14 Setembro 2026

A CIG denuncia que a Xunta precariza o persoal formador en lingua galega

O deber legal de capacitar o persoal público en galego non pode depender de convenios temporais nin asentarse na precariedade laboral A CIG esixe a ampliación inmediata e con efectos retroactivos da xornada do persoal titulado superior lingüista da Secretaría Xeral da Lingua, ao que a Xunta duplicou a carga de traballo dende o  1 de setembro. A sobrecarga pon en risco os...
Mércores, 09 Setembro 2026

Modificación RPT; datas actos de elección destinos; SPIF; oficinas emprego; finanzas (CP 09/09/26)

Á Comisión de Persoal do mércores 9 de setembro, foi como único punto da orde do día a proposta de modificación de varios postos na Relación de Postos de Traballo (RPT) das consellerías de Emprego, Comercio e Emigración, e de Presidencia, Xustiza e Deportes, a causa da execución de sentenzas de persoas que reclamaron destino definitivo no posto que ocupaban en provisional....