Novas por contido

A CIG Administración Pública na comarca de Compostela convoca unha actividade formativa sobre os efectos do Real Decreto Lei 3/2012 específicos para o persoal laboral da Administración.

Día: sábado 26 de maio de 2012

Hora: 10:30-13:30 h

Lugar: salón de actos da EGAP (Fontiñas)

Ponente: Héctor López de Castro Ruíz (avogado da asesoría xurídica da CIG)

Sabías que?

  • Aínda que sexas persoal fixo podes ser despedido/a por estar de baixa ou por razóns económicas, organizativas ou de produción mediante un ERE.

  • Poderán modificarche a xornada, o horario ou as quendas de traballo.

  • Podes quedar sen convenio colectivo.

Descargar cartaz

Máis información

Outras novas recentes

Venres, 05 Setembro 2025

Asembleas polos concursos de traslados e as eleccións de destino (con cambios en Compostela e Ferrol)

Moitos dos concursos de traslados do persoal funcionario da Administración Autonómica actualmente convocados están parados ou gravemente afectados por medidas xudiciais. Dende a CIG convidámoste a asistir ás asembleas que convocamos para falarmos dos problemas e da situación de todos os concursos de traslados e das consecuencias das sentenzas e das medidas cautelares...
Venres, 12 Setembro 2025

A CIG demanda o establecemento dunha cláusula de garantía salarial para o persoal empregado público

Desde o ano 2010 o persoal empregado público perdeu máis dun 20% de poder adquisitivoA CIG rexistrou esta mañá unha Proposición non de Lei para que o Parlamento de Galiza inste á Xunta a dirixirse ao Goberno do Estado para que presente de inmediato unha proposta lexislativa que estableza unha cláusula de garantía salarial para o persoal empregado público, de xeito que os...
Mércores, 10 Setembro 2025

Concursos: a única solución duplicar os postos e resolver con celeridade

Centos de compañeiros e compañeiras  acudiron ás asembleas organizadas pola CIG para falarmos dos concursos de traslados e os destinos dos procesos selectivos.  A única solución que albiscamos dende a CIG, e que puxemos sobre a mesa nas asembleas e contou co respaldo das persoas asistentes, é a duplicación dos postos onde sexa necesario para evitar a perda de postos no...