Novas por contido

A Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de remitirnos a súa resposta ante as alegacións presentadas pola CIG. Vaia por diante que destacamos as formas correctas e a resposta por escrito que non é habitual no resto de consellaría. En calquera caso, o fondo desta resposta demostra unha nula vontade de negociar para o que a consellaría se refuxia en cuestións económicas, cando non en xustificación peregrinas que rozan o ridículo.

Por outra banda, convén destacar que asuntos como a enorme cantidade de postos que quedan abertos a outras administracións, a provisión das sentenzas de indefinición ou do informe económico non teñen nada que ver con cuestións económicas senón máis ben cunha cuestión de vontade política. Cando xa non hai vontade de negociar, senón de impoñer, para que facilitar máis documentación?

A continuación reproducimos en primeiro lugar os epígrafes con parte das alegacións da CIG e a continuación a contestación da consellaría sobre a que destacamos en vermello ou subliñada as partes máis "orixinais".

Insuficiente subida de nivel das prazas dos novos Arquivos Territoriais de Pontevedra e Vigo.

Debido as circunstancias actuais non resulta posible acometer a subida de niveis xeneralizada a que se refiren.

Polo que se refire a creación das Seccións C, nivel 22, abertas ao subgrupo A2, como se indica na memoria, esta modificación obedece necesidade de aumentar as posibilidades de provisión da praza, xa que, na actualidade, ao estar reservada a técnicos superiores, subgrupo A1, nivel 20, non podendo cubrirse por técnicos medios, subgrupo A2, existe un evidente desinterese dos facultativos de sección de arquivos en cubrilas, que se pon de manifesto no feito de que se anunciou en múltiples ocasións para a súa cobertura provisional mediante comisións de servizos sen que se presentasen ningunha solicitude, o que nos permite presumir que nun concurso de traslados para a súa provisión definitiva este desinterese se vai manter se seguen abertas exclusivamente ao subgrupo A1.


Amortización dunha praza de Técnico Medio de Arquivos vacante e outra de subalterno.

Esta amortización responde á necesidade de financiar outras modificacións introducidas nesta proposta, previa avaliación conxunta de toda ela. Lamentamos que non se comparta, pero entendemos que estas amortizacións que se propoñen son necesarias para cubrir outras necesidades máis urxentes.


Incremento de niveis do persoal funcionario da escala de arquivos, bibliotecas e museos con turnicidade para compensar este esforzo.

Polas razóns xa indicadas non resulta posible este incremento de niveis que indican. Outros complementos aos que se refiren neste apartado teñen un fundamento e regulación diferente.

Nalgúns casos xa contan coa oportuna dotación económica pendentes de crear e noutros aparecen reflectidos no V Convenio Colectivo Único para estes supostos.


Creación dos postos de Auxiliares de Arquivos e Bibliotecas na Secretaría Xeral de Cultura.

Na memoria non se sinala que se crean estes postos “para o Gaias” como afirman. Indícase que unha vez promovida a posta en funcionamento das instalacións do Monte Gaias, tanto do Arquivo como da Biblioteca, cómpre dotar a estas instalacións dos efectivos necesarios para o seu adecuado funcionamento e así garantir unha axeita prestación de servizos aos usuarios. Por tanto, a referencia ao monte Gaias é para citar a situación tanto da Biblioteca como do Arquivo.

Este persoal, coincidindo como afirman vostedes, será adscrito segundo as necesidades a un centro ou a outro, circunstancia que se determinará no seu momento.


Comentario xeral para toda a escala de arquivos, bibliotecas e museos no cadro da RPT.

Refírense á posibilidade de exixir unha verdadeira titulación no apartado de formación específica.

Deste xeito, segundo esa organización evitaríase o que vostedes cualifican de “instrusismo” nos arquivos galegos doutros traballadores/as. Agradecemos esta reflexión pero non é unha cuestión concreta desta proposta de modificación, polo que non cómpre facer neste intre ningún comentario ao respecto.


Na praza de xefatura de sección de tramitación e informes, que se crea nova, demandan que a exixencia de licenciatura en dereito figure como mérito e non como titulación académica.

Indican que a diferenza doutros postos da administración especial que se abren aos subgrupos A1 e A2 este péchase exclusivamente ao subgrupo A1.

A diferenza doutros postos nos que figura a titulación de licenciado en dereito como mérito, neste suposto concreto entendemos que para o desenvolvemento das funcións do posto son precisos coñecementos xurídicos amplos, coñecementos que non quedan absolutamente garantidos coa inclusión da titulación en dereito como mérito, polo que se estable como titulación.


Demandan as sentenzas de tódolos postos que se crean por este motivo.

Entendemos que se están a referir aos postos creados para ser ocupados por persoal laboral indefinido non fixo. Ditas sentenzas poranse a súa disposición para a súa consulta se o precisan, pero por razóns obvias non se lles remitiran copias das mesmas.


Piden que as xefaturas de servizo sexan de concurso aínda de legalmente a súa provisión sexa a de libre designación.

Respectamos a súa postura pero non se comparte, polo que, apoiándonos na normativa aplicable a esta cuestión tódolos postos de xefatura de servizo figuran coa forma de provisión de libre designación.


Apertura de postos a outras administracións públicas (A11) e (A17).

Sobre esta cuestión, logo de afirmar que non aceptan esta apertura, sinalan expresamente que parece que por ser de LD ten que ser obrigatorio abrilos a outras administracións.

Respectamos que non se acepte que se manteña a apertura dalgúns postos a outras administracións, pero temos que dicir que nesta modificación non só non se abriu ningún outro posto en relación a RPT vixente senón que se cerraron un número importante deles; polo que a afirmación de que os postos de LD parece que é obrigatorio abrilos a outras administracións e unha percepción errónea do alegante. Basta observar o apartado 2.3.1 da memoria funcional para apreciar que ata 17 postos que figuraban coa referencia “A11” cambiase esta pola de “AXG”.


Solicitan a memoria económica para saber como queda a RPT.

Non consideramos preciso achegar a documentación sinalada para que esa organización se pronuncie sobre a incidencia desta proposta de modificación nas condicións de traballo do persoal.


Creación de sección C nivel 22. Entenden que as sección deben ser de nivel 25.

As únicas Sección C de nivel 22 que se crean son as dos Arquivos Xerais Territoriais de Pontevedra e Vigo. As restantes seccións xa existían na RPT vixente co nivel 22. Lémbrase que actualmente os responsables destes arquivos eran postos de Técnico Superior de Arquivos, nivel 20.


Proposta de igualar a tódolos postos de Técnico Medio ao Nivel 18.

Nas excepcionais circunstancias económicas actuais non resulta posible acometer esta clasificación global, polo que non podemos atender esta demanda.

Tamén co número 19 sinalan a necesidade de abrir a praza de Director/a do Arquivo do Reino de Galicia ano grupo A2, indicando que existe falla de congruencia ao non actuar consonte ao criterio seguido para as restantes prazas de directores/as.

Non existe tal falla de congruencia. O que se produce é un trato desigual ante situación desiguais, xa que a Dirección do Arquivo do Reino de Galicia debido as súas circunstancias excepcionais ten como forma de provisión a Libre designación, e é de nivel 28, a diferenza das restantes dirección que se provén por concurso e contan con nivel 26. Tendo en conta as especiais características deste centro, que este posto de dirección ten o rango de xefatura de servizo e que non se abre a administración xeral como as restantes xefaturas de servizo, por ser o único posto directivo existen 20.


Solicitude de creación de varios postos para o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.

Nesta proposta xa se fixo unha valoración daquelas necesidades que resultan absolutamente prioritarias ante a singular situación económica actual, polo que lamentamos non poder atender ningunha outra petición que incremente o custo da proposta, aínda que entendemos e somos conscientes de que algunha que outra necesidade que consideramos de menor transcendencia que as incluídas nesta modificación pode quedar sen atender pola razón sinalada, pero as circunstancias son as que son.

Outras novas recentes

Mércores, 18 Decembro 2024

Convocatoria do Consello Reitor da EGAP (26/12/24)

O 17 de decembro recibimos a convocatoria da EGAP para asistir ao Consello Reitor, que este ano se estableceu o 26 de decembro de 2024. Como é habitual na EGAP, a convocatoria non se remite coa documentación a tratar na xuntanza (a secretaria da EGAP indica que se enviará en "datas próximas"), quizais coa expectativa de que a leamos por Noiteboa ou Nadal... Entre os puntos...
Mércores, 18 Decembro 2024

RPT do Consorcio: morrer matando

Durante anos sen convenio, sen trienios... e agora queren meter o acelerador para que apandemos con todo o que queiran impoñer A directora xeral de Emprego Público e o xerente do organismo propoñen niveis e salarios máis baixos que na Xunta para o persoal do Consorcio de Igualdade e Benestar. A nova RPT chega nos últimos días do ano 2024, non negociada, inzada de centos de...
Martes, 17 Decembro 2024

Reunión do Comité de Seguridade e Saúde Laboral de Incendios

O día 09 de decembro de 2024 tivo lugar a reunión do Comité S.S.L. de Incendios onde se abordaron os seguintes temas: -. Plan de formación 2025/2028. Dende a CIG pedimos que se abra un prazo de alegacións e que se incorpore a lexislación vixente da Lei básica de Bombeiros Forestais, de obrigado cumprimento, en canto neste caso permita un desenrolo do marco formativo, para...