Novas por contido

Informan desde a Dirección Xeral de Función Pública que o vindeiro mércores 12 de setembro publicarase no DOG as listas provisionais para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario da escala de profesores numerarios de instituto politécnico marítimo-pesqueiro.

Outras novas recentes

Martes, 15 Setembro 2026

A Xunta de Galiza discrimina na carreira profesional ás súas traballadoras en redución de xornada por conciliación

A CIG denuncia que Facenda, por aforrar 2 pesos, incumpre toda a normativa de igualdade situándonos na prehistoria dos dereitos das mulleres traballadoras.Traballadoras da Xunta de Galiza veñen de ver  denegado o grao de carreira profesional por non acadar o tempo necesario para a súa concesión, alias a súa antigüidade na Administración fora máis que suficiente. Unha vez...
Luns, 14 Setembro 2026

A CIG denuncia que a Xunta precariza o persoal formador en lingua galega

O deber legal de capacitar o persoal público en galego non pode depender de convenios temporais nin asentarse na precariedade laboral A CIG esixe a ampliación inmediata e con efectos retroactivos da xornada do persoal titulado superior lingüista da Secretaría Xeral da Lingua, ao que a Xunta duplicou a carga de traballo dende o  1 de setembro. A sobrecarga pon en risco os...