Novas por contido

Ignacio Lafuente é un empregado público da Xunta de Galicia que presta servizos como condutor do Parque Móbil en Servizos Centrais. Inasequible ao desalento, este compañeiro está a acadar actualmente a atención dos medios de comunicación polas implicacións dun proceso xudicial, que iniciou con valentía cando decidiu opoñerse a un rexime de escravitude laboral.

Nomeadamente, obrigábaselle a desenvolver xornadas de 15 horas diarias de luns a venres dedicadas ao servizo, como condutor de altos cargos.

A este empregado público, pai de tres fillos menores de 6 anos, non lle foi renovado o contrato en agosto de 2011, despois de ter demandado á Consellería de Presidencia, AAPP e Xustiza para conseguir que se respectase o seu dereito a gozar dunha redución de xornada por garda legal dos seus fillos menores. Actitude da Administración que, por outro lado, non se compadece coa cacareada propaganda do Partido Popular como defensor da familia. 

A consecuencia da non renovación do contrato, o traballador presentou unha nova demanda, con sentenza de novo favorable: "[...]compartindo a postura do Ministerio Fiscal, [de] que non se disiparon as dúbidas da presenza dun móbil discriminatorio ou represalia como verdadeira causa do cesamento da súa relación laboral por ter exercido o seu dereito á concreción horaria e ter exercitado diversas accións en reclamación de dereitos que o traballador considera que lle corresponden.[...]

En abril de 2012, reincorporado ao posto de traballo, o traballador tivo que demandar unha vez máis á Consellería de Presidencia, AAPP e Xustiza, resultando condenada a Administración a proporcionarlle ocupación efectiva e ao pagamento dos salarios pendentes. Logo de presentar varios escritos ante a Consellería de Presidencia, a de Traballo e ao presidente da Xunta, ao traballador foille aberto un expediente informativo.

Na actualidade permanece sen resposta o escrito presentado polo traballador en base á Lei de apoio á familia e convivencia de Galicia, demandando que se lle proporcionen as mesmas condicións de traballo que ao resto dos traballadores do parque móbil e que non se lle discrimine por querer conciliar a súa vida laboral e familiar.

Desde a CIG-Autonómica consideramos lamentable que os máximos responsables da Administración toleren e amparen actuacións arbitrarias como esta no Parque Móbil da Xunta, sometendo a un traballador a un calvario sen fin polo exercicio de dereitos recoñecidos nas leis que, nun Estado de Dereito, o Goberno debe respectar e cumprir.

Máis información:

Outras novas recentes

Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...
Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna corpos xerais; funcionarización en excedencia (para CP 17/11/26)

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocounos a unha xuntanza da Comisión de Persoal que será o martes 17 de  novembro, coa seguinte Orde do día: Convocatoria do proceso de funcionarización para o persoal laboral fixo que está na situación de excedencia. Descargar Convocatoria de promoción interna ao corpo superior-A1. Descargar Convocatoria...
Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...