Novas por contido

Fundamentalmente tratouse a RPT da Consellaría de Traballo e Benestar, pero tamén se falou de asuntos como os diversos concursos de traslados en marcha e pendentes ou a proposta do candidato Feijóo de funcionarizar a 6.000 laborais da Xunta.

Respecto da RPT de Traballo e Benestar, a CIG rexeita que a consellaría quera manter o requisito imprescindíbel dun curso de formación para optar aos postos de inspector/a de centros por tratarse dunha formación restrinxida so ofertada a determinadas persoas, o que vai impedir a igualdade de oportunidades para optar a ditos postos de traballo.

Rexeitamos tamén as condicións laborais de dous postos de limpador/a que crean que non serán de xornada completa, senon de xornada partida e de pouco máis que de media xornada. So a necesidade de traballar xustificará que haxa unha persoa que poida ter interese en traballar menos de xornada completa e por riba partida. A CIG demanda a xornada completa.

A Consellaría segue sen comprometerse por escrito a que non haberá movementos entre o persoal dos centros que se unifican (residencia asistida e do Meixoeiro de Vigo). Xa que logo, Traballo gardase o dereito a facer movementos discrecionalmente.

Preguntado pola CIG sobre a información publicada por algún medio de comunicación nos últimos días de campaña eleitoral segundo a que o candidato Feijóo se comprometía a funcionarizar a 6.000 laborais da Xunta, o Director Xeral da Función Pública resposta que efectivamente eso está recollido no programa eleitoral do PP e, por tanto, é o que os cidadáns queren que se faga.

En relación aos concursos de traslados, podemos informar do seguinte (segundo palabras do Director de Función Pública):

  • Corpos especiais: irá á Mesa Xeral e Comisión de Persoal na semana do 5 de novembro (este luns vamos ter unha xuntanza con Función Pública).
  • Laborais grupo V: os cambios de categorías vai ser "inminente", antes do 15 de novembro.
  • Laborais grupos I a IV: a relación de adxudicación provisional (anterior a fase de resultas) vai sair en novembro, con toma de pose a primeiros de ano.
  • Corpos xerais: publicación no primeiro trimestre do 2013.
  • Informática: pode que vaia antes do xeral.
  • Veterinarios/as (esta información non ven da Mesa Xeral): non hai data fixada pero aseguran que vai ser antes do 15 de novembro.

A axuda por discapacidade do Fondo de Acción Social do 2011 a pagarán na nómina de decembro.

Outras novas recentes

Xoves, 29 Outubro 2026

BYE, BYE FABIOLA!

Hai despedidas tristes. Cando unha compañeira ou compañeiro de traballo abandona porque non pode manter á súa familia co salario que cobra, ou remata farta e con medo ás agresión que todas e todos sufrimos. eowpzSxtLVM| Nestes últimos tempos, marcados polos conflitos en ensino infantil 0-3, en menores, na discapacidade, en dependencia, en residencias, nos SAF, servizos...
Venres, 30 Outubro 2026

Nomeamentos como persoal funcionario de carreira e apertura do prazo posesorio de varios procesos selectivos

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se nomean persoal funcionario de carreira no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de condución, as persoas aspirantes que superaron algún dos procesos selectivos convocados polas...
Xoves, 29 Outubro 2026

Primeira xuntanza con Educación por un Acordo para o Persoal Non Docente: unha perda de tempo

A CIG denuncia a falta de compromiso e de vontade negociadora da Consellaría e advirte de que non vai permitir que se siga adiando unha reivindicación histórica do persoal non docente. As expectativas xeradas pola apertura dunha vía de negociación coa Consellaría de Educación para acadar un acordo que dea resposta ás demandas do persoal non docente quedaron frustradas na...