Novas por contido

O 15 de xullo reunímonos en Vigo os membros das OOSS representadas no Comité de Empresa de Medio Rural de Pontevedra, a petición da Inspección de traballo, cos seguintes temas a tratar:

  • Comunicación dos cambios de cuadrantes coa antelación prevista en Convenio (72h / 48h, según o caso).
  • Descanso semanal (se denuncia que non se respetan os dous días naturais ininterrompidos).
  • Prevención de riscos laborais (en concreto, transporte de persoas e material no mesmo)

Fomos recibidos media hora antes da hora fixada, xa que na convocatoria non se facía referencia aos motivos da reunión, e aclarousenos que era debida a denuncias individuais do persoal do SPDCIF.

Ante este feito os representantes da CIG comentamos que parécenos ben que se nos chame, pero que nos gustaría ser chamados tamén cando os temas a tratar teñen que ver coas denuncias que interpoñemos. A inspectora contesta que isto sempre é así, pero que é a administración a que nos ten que avisar, e dado que non o fixo nunha xuntanza anterior, viuse obrigada a facelo ela nesta ocasión.

Por parte da administración acude no Xefe provincial e unha representante do Servizo de Prevención da Xunta.

Pásase a tratar o primeiro punto do que o xefe provincial di descoñecer os feitos denunciados, asegurando que só houbo 3 modificacións de cuadrantes desde o comenzo da campaña, que foron motivados polas seguintes cuestións:
1. Por Convenio, aínda que opina que este é o problema, e que igual habería que cambialo.
2. Por incluír as vacacións nos cuadrantes.
3. Por motivos de libranza, xa que có novo goberno pasouse de librar por brigadas, un invento do anterior xefe provincial e que só sufríamos aquí, a libranza interna por brigadas.
Comprométese a solucionalo.

CIG respostalle que iso non é así, xa que algunhas brigadas levan, a día de hoxe, máis de 15 cuadrantes distintos.
Ademais facémolo coñecedor que non se respeta tampouco o de manter, a lo menos, unha semana o cambio de cuadrante, xa que existen brigadas que teñen 3 cuadrantes distintos nunha mesma semana.
Tamén facemos constar que este non é o foro adecuado para tratar estes temas, xa que os dous primeiros puntos deberían ser tratados na Comisión de seguimento de Acordo, e o terceiro no Comité de seguridade de incendios, que incumprindo a lei leva máis de 3 meses sen reunirse.
O xefe provincial e os representantes de UXT están de acordo neste punto.

O xefe provincial comprométese a darnos uns cuadrantes definitivos en 15 días.

A representante de CCOO comenta que espera que sexan definitivos de verdade, e esixe que cumpran o Convenio, convenio que curiosamente non asinaron e que agora, parece, que si lles gusta.

CIG di que se reunirá as veces que faga falta para solucionar este tema, que espera que se envíen os dous tipos de cuadrante que marca o Convenio, alto e baixo risco, para que o ano que ven non se repita o mesmo que esta a pasar neste.

Con relación ao segundo punto, o xefe provincial volve a recoñecer o seu descoñecemento, e asegura que se solucionará.

Dende a CIG insistimos na nosa vontade de participar en todas as xuntanzas que sexan necesarias para resolvelo canto antes.

Pasamos, a continuación, a falar dos temas de prevención de riscos.

A CIG fai constar que o problema é que a carga ten que estar separada do persoal, de tal xeito que o corremento de carga non poida lesionar os ocupantes, aínda máis no caso de obxectos cortantes e punzantes, que a día de hoxe vai todo atrás ou na baca, que non existe un modelo único, depende da brigada, e que, en definitiva, tense que cumprir:
 Normativa de lugares de traballo.
 Normativa de transporte por estrada.
 Normativa de máquinas e ferramentas.
 Normativas transporte de productos químicos, o cal implica información os traballadores sobre o transporte de substancias químicas.

O xefe provincial indica que xa nalgúns coches se empeza a facer a separación da carga, e a representante do Servizo de prevención indica que xa se están a  avaliar as brigadas e os vehículos, pero que leva tempo e aínda non existe informe.

CIG fai constar tamén que a separación que se lles mete os novos DEFENDER non é adecuada, xa que polos laterais pode pasar a ferramenta, e que, ademais, non é o modelo xeralizado. Por outra banda, só se avalían os coches das brigadas, e terían que avaliarse tódolos vehículos do parque móbil do SPDCIF: motobombas, coches de axentes, etc.

O Servizo de Prevención di que non habería problema, aínda que se opuxera no último comité de seguridade, pero que vai levar tempo, xa que existe un so servizo de prevención para toda a Xunta.

A inspectora termina a reunión facendo un resumen dos puntos que ten que cumprir a administración:
 Elaboración dos cuadrantes cumprindo o Convenio, e entregado as OOSS nun prazo de 15 días.
 Comunicación de modificacións coa antelación establecida.
 Se respetarán as quendas semanais.
 Se fará cumprir toda a normativa de transporte en tódolos puntos tratados.
 Compromiso do Servizo de Prevención en levar a termo as avaliacións dos vehículos, entrega en tempo das avaliacións os representantes das OOSS e facer cumprir o Plan de acción das mesmas.

Outras novas recentes

Martes, 21 Outubro 2025

RPT IGVS (para CP 24/10/25)

A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocou unha xuntanza da Comisión de Persoal para o día 24 de outubro, co seguinte punto da orde do día: Proposta de modificación da Relación de Postos de Traballo (RPT) do Instituto Galego da Vivenda e Solo (iGVS) Esta proposto pasou pola Mesa Sectorial de Negociación de Persoal Funcionario (MSF) o pasado...
Venres, 17 Outubro 2025

Publicado o Real Decreto que recoñece a xubilación anticipada dos e das axentes ambientais pero “non os aplica” de xeito directo

O Real Decreto 919/2025, de 15 de outubro, regula os coeficientes redutores da idade de xubilación aplicables ao persoal axente forestal e ambiental das administracións públicas.  Este avance é unha conquista colectiva do persoal axente ambiental e tamén froito da presión e do traballo sindical desenvolto pola CIG durante a tramitación da Lei básica que permitiu incorporar...
Luns, 27 Outubro 2025

Fondo de Acción Social do ano 2024: listaxe definitiva de axudas aprobadas e denegadas

No DOG do 27/10/2025 publican a RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se anuncia a exposición das listaxes definitivas de axudas aprobadas e denegadas dos criterios de repartición do Fondo de Acción Social do exercicio económico 2024, relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade....