Novas por contido

O Partido Popular oculta a súa incapacidade para gobernar botándolle a culpa aos traballadores/as

Despois de escoitadas as declaracións de onte do presidente da Xunta de Galiza nas que, dun xeito irresponsábel e vantaxísta, lle bota a culpa dos incendios forestais ás brigadas do Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais (SPDCIF), e as declaracións de días anteriores do director xeral de Montes, Tomas Fernández-Couto (manifestando a nula intención da Xunta de limpar os montes),  dende a C.I.G-Autonómica queremos manifestar o noso máis enérxico rexeitamento a este tipo de afirmacións gratuítas e falaces, coas que se pretende responsabilizar a uns traballadores/as modélicos, nun servizo exemplo en todo o Estado e no resto do mundo de eficacia e eficiencia, e así recoñecido, dos posíbeis incendios forestais que existan na Galiza.

Dende a C.I.G-Autonómica esixímoslle ao presidente da Xunta de Galiza unha rectificación inmediata destas graves acusación vertidas no programa “La Ventana” de a Cadena Ser no día de onte, xa que doutro xeito entenderemos que ten que cesar de xeito inmediato os responsábeis da loita contra incendios da Consellaría de Medio Rural, máximos responsábeis do dispositivo contraincendios. Ou, será que pretende poñer a venda antes da ferida e botar balóns fóra para ocultar a ineptitude do seu equipo?.

Queremos insistir na nula planificación que se ten levado este ano en materia de incendios forestais desde a chegada ao Goberno do Partido Popular, xa que non se están a facer contratacións de substitucións de baixas ou xubilacións nas brigadas da Xunta de Galiza, o que repercute na eficacia do dispositivo, ao quedar brigadas con dúas persoas, incapaces de afrontar unha situación de emerxencia, ou o nulo mantemento que se está a facer ao parque móbil, con coches que non son axeitados para o servizo de incendios ademais dos incumprimentos sistemáticos do V Convenio Colectivo ou do Acordo de traballo para o persoal do SPDCIF.

Dende a C.I.G-Autonómica queremos denunciar tamén a nula capacidade de planificación e dialogo por parte da Consellaría de Medio Rural, que despois de tres meses no goberno e de reiteradas peticións por parte desta organización sindical, a día de hoxe non nos recibiu como asinantes dos convenios antes amentados, nin nos deu ningunha explicación por este ninguneo, ao mellor é porque a Consellaría de Medio Rural pretende que os interlocutores válidos diante dela sexan outros sindicatos que lle fixeron o xogo contra o anterior goberno e sempre buscaron os intereses partidistas en vez dos intereses dos/as traballadores/as.

Podes ver varios documentos da CIG sobre SPDCIF-PLADIGA-SEAGA

Outras novas recentes

Venres, 13 Novembro 2026

Agacal, Gain e Intecmar quedan para a seguinte OEP de funcionarización

A directora xeral de Emprego Público comunicounos na Mesa Xeral do 10 de novembro de 2026 que o persoal de AGACAL, GAIN e INTECMAR quedará para a seguinte OEP de funcionarización (para a cal non teñen data) porque aínda non está integrado. A integración é un requisito previo para que o persoal que o desexe poida funcionarizarse. Sen convocatoria á CIG para as negociacións...
Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...
Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...