Novas por contido
Peche de traballadores/as da oficina de Ferrol

Traballadores e traballadoras das Oficinas de Valoración da Dependencia de Ferrol e Santiago de Compostela realizaron este mércores unha xornada de peches e asembleas en contra das amortizacións anunciadas pola Consellaría de Traballo e Benestar e a prol da continuidade destas unidades en ambas cidades e do mantemento dos servizos sociais públicos cerca dos potenciais usuarios e en mans de profesionais técnicos cualificados/as no Traballo Social. . O Comité de Traballo e Benestar denuncia que a decisión da consellaría suporá afastar o servizo da cidadanía e unha perda de axilidade e eficiencia na tramitación dos expedientes.

No caso da asemblea celebrada no edificio administrativo da Xunta en Ferrol, que comenzou logo de rematada a xornada laboral, unha das propostas estudadas refírese ao inicio de xestións pertinentes coas organizacións sindicais, sociais e políticas da comarca para conseguir a convocatoria dunha gran manifestación en defensa dos servizos sociais. “Porque é o momento de dicir basta, e porque, ademais, a Consellaría de Traballo e Benestar está atacando especialmente aos servizos públicos desta comarca”, denuncia Carmem Viso, delegada da CIG no Comité e responsábel do sector de Autonómica da CIG-Administración de Ferrol.

Con este obxectivo, a representación dos traballadores/as vaise pór en contacto tamén co persoal do CAMF-Imserso, que dende hai semanas realizan peches semanais e concentracións diarias contra o deterioro das condicións laborais e asistenciais. De feito, apuntaba Viso, as valoracións dos/as usuarios/as deste centro foron feitas na Oficina de Dependencia que agora a Xunta pretende desmantelar.

Neste senso, a responsábel comarcal da CIG-Autonómica criticou que dende o pasado 11 de marzo, o alcalde segue sen informar sobre unhas supostas xestións que ía realizar na Xunta a respecto da oficina.

Peche de traballadores/as na oficina de Compostela

Centralización dos expedientes na Coruña, mais sen reforzo de persoal

Dende a CIG-Autonómica denúnciase que a Consellería de Traballo e Benestar quere eliminar os 15 postos do persoal que está a tramitar as axudas de Dependencia en Santiago de Compostela e do Equipo de Valoración de Discapacidades, persoal pertencente á Xefatura Territorial da Coruña e aos Servizos Centrais da Xunta. As oficinas situadas en Área Central en Fontiñas quedan desmanteladas coa supresión de 2 psicólogos, 6 asistentes sociais, 1 responsábel progr. da Unidade de atención á dependencia e 6 auxiliares administrativos que levan dende o ano 2006 atendendo a máis de 20.000 persoas de Santiago de Compostela e comarca (Padrón, Melide, Ribeira, A Pobra, etc).

Así mesmo, tamén eliminan 6 postos de traballo do persoal que está a tramitar as axudas de Dependencia en Ferrol e 1 no Equipo de Valoración das Discapacidades, coa escusa da centralización na Coruña. A Oficina presta atención a 240.786 potenciais usuarios/as repartidos/as en 31 concellos (das comarcas de Ferrol, Ortegal, Eume e Betanzos).

En Ferrol, vanse suprimir 4 postos de Asistentes Sociais, 1 fisioterapeuta e 1 médico, destruíndo, principalmente, os postos de traballo relacionados coa parte técnica do procedemento de valoración de Dependencia. Non se teñen en conta nin as competencias do órgano de valoración nin dos técnicos de valoración e o volume de poboación atendida.

Neste senso, lembran que a provincia de A Coruña é a mais poboada de Galiza (1.147.124 habitantes, distribuída en 94 concellos), mentres a provincia de Pontevedra (963.511 habitantes, distribuída en 62 concellos) con menor poboación e menor número de Concellos non se formula a supresión dun dos seus órganos nin do número de técnicos de valoración que hai no seu territorio. Porén, na provincia de Coruña desmantélanse as oficinas de Ferrol e Santiago de Compostela.

A desaparición dos equipos de valoración e o traslado A Coruña dos expedientes suporá a eliminación da oficina da Dependencia en Compostela e Ferrol e supón ademais unha perda de axilidade, racionalidade e simplicidade na xestión das tramitacións de expedientes. Penalizase a un sector da poboación moi sensíbel e aos seus coidadores. A Administración non ten xustificación para afastar a prestación de servicios tan básicos dos seus posíbeis usuarios/as. Remátase, deste xeito, coa proximidade ao cidadán e dificultase o acceso dos mesmos a unha tramitación áxil e eficiente.

Outras novas recentes

Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna de corpos xerais; funcionarización en excedencia; finanzas-veterinarios/as-agacal-gain-intecmar (MSF e MX 10/11/26)

O martes 10, véspera da Folga Xeral, asistimos á Mesa Xeral e Mesa Sectorial de Persoal Funcionario, nas que se trataron as convocatorias de promoción interna a corpos xerais e dos procesos de funcionarización de persoal laboral fixo que está en excedencia. Na rolda aberta de intervencións a DXEP deu información da escala de finanzas, da repesca de funcionarización de...
Venres, 13 Novembro 2026

RPT Emprego, Comercio e Emigración (11/11/26)

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, convocou aos sindicatos a unha xuntanza para falar da súa proposta de modificación da Relación de Postos de Traballo da consellería. Descargar Contactamos coa consellería para pedir explicacións polo feito de que nos convocasen con menos de 48 horas de antelación (restando a xornada de Folga Xeral), o que imposibilita estudar...
Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...