Novas por contido

Achéganos a Administración unha proposta de modificación da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU). Na memoria xustificativa faise un resumo da primeira modificación desde a rpt inicial para posteriormente entrar no obxecto desta segunda modificación: a supresión dos postos vacantes que a Lei de Orzamentos de 2013 deixa sen dotación orzamentaria.

Tras unha detallada xustificación en base a procesos selectivos rematados e concursos pendentes,a proposta final é a de amortizar 2 postos de xefaturas de servizo e 1 posto base C2. De novo, comprobamos como vía constrición orzamentaria limítase o gasto para postos de emprego público e se obriga a súa amortización pero non se amortizan os gastos en asistencias técnicas ou outras cuestións como a publicidade institucional.

A xuntanza terá lugar o  martes, 21 de maio na sede da APLU. Podedes achegarnos as vosas consideracións a autonomica@cigadmon.gal.

Outras novas recentes

Martes, 13 Outubro 2026

A Xanela. Boletín de CIG-Autonómica. Setembro/2026

Neste boletín: - E despois de todo isto? Que vai pasar cando rematen os concursos e tomas de posesión - Medio Rural asina acordos aos cachos para o persoal do SPIF - Concurso específico (a libre designación encuberta con estabilidade de 5 anos) - Movementos tras o concurso ou destino definitivo - Persoal non docente: chegou o momento de negociar Descargar
Venres, 16 Outubro 2026

A Dirección Xeral de Emprego Público pasa o rolete pola Lei de medidas e a Lei de orzamentos de 2027, sen negociar (CP 15/10/26)

Na xuntanza da Comisión de Persoal do 15 de outubro, a directora xeral volveu ás andadas de facer imposíbel calquera posibilidade de negociación efectiva, impedindo que haxa calquera avance nas condicións laborais do persoal da Administración xeral da Xunta e entes. Xa se está a convertir en costume ter que dicirlle á diretora xeral de Emprego Público que coa CIG non conte...
Mércores, 14 Outubro 2026

Por un sistema público galego de servizos ás persoas

Dentro da campaña que se está a levar a cabo “Por un sistema público galego de servizos ás persoas”, pedimos xuntanza tanto coa Conselleira de Política social como co Conselleiro de Educación. Adxuntamos os escritos remitidos solicitando esas xuntanzas, para, se o consideras oportuno lles envíes un recordatorio de que estamos á espera dunha data. ASUNTO: O que se...