No DOG do 24/11/2026 publican:
- RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma Galiza, subgrupo A1.
- RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma Galiza, subgrupo A2.
- RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma Galiza, subgrupo C2.
O prazo para presentar as solicitudes será de 20 días hábiles, que se contarán a partir do seguinte ao da publicación destas convocatorias no Diario Oficial de Galiza (DOG).
As solicitudes presentaranse por vía electrónica a través do formulario normalizado accesible no portal web corporativo https://xunta.gal/funcion-publica, seguindo a ruta «Procesos selectivos»–«Xeración e presentación de solicitudes de procesos selectivos». Para presentar electronicamente as solicitudes, poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galiza, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365), e deberán pagar a taxa que estea vixente no momento de presentala, tal como exixe a Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galiza, de acordo co procedemento que se sinala nos seguintes parágrafos.