Novas por contido

Compostela é a segunda cidade galega en número de persoas desempregadas

A cidade de Compostela ven de acadar, segundo a EPA, o 27,2% de traballadores e traballadoras en situación de desemprego, só superada pola cidade de Ferrol que lembremos leva décadas castigada polas mal chamadas reconversións da construcción naval. A situación que esta a padecer Compostela está a arrastrar ao conxunto dos concellos da nosa comarca.

En liñas xerais os concellos estanse a limitar a facer seguidismo das políticas de recorte emanadas dende os gobernos que o PP exerce con maioría absoluta tanto na Xunta como no goberno do estado, e polo tanto acrecentando as desigualdades sociais, a desprotección social e o empobrecemento.


O desemprego na maioria dos concellos da comarca incrementouse dende 2007 entre o 70% e o 110%

A nosa comarca depende fundamentalmente de tres actividades económicas: o emprego publico, á construcción e o sector turistico. Neste panorama os recortes de persoal e económicos nas administracións públicas, o colapso da "burbulla inmobiliaria" e a diminución dos ingresos provintes do turismo, -engadido o escasísima presenza histórica do tecido industrial- están a conducir á comarca ao abismo, xa que estes sectores arrastran outros como o comercio, o téxtil, o metal, a pequena hostelaría, ... De aí que nestes últimos tempos foran tantos os EREs, os despedimentos e as rebaixas de salarios e condicións laborais.

Aínda tendo en conta que as capacidades de lexislar en materia laboral por parte dos concellos non é moita, fronte ao anterior temos que constatar a case nula iniciativa dos gobernos municipais de cara a estabelecer medidas que revirtan esta situación ou medidas que servan para minimizar os seus efectos sobre as clases populares. Tamen é un dato constatabel que case ningún goberno municipal da comarca ten alzado a voz contra as políticas de recortes que sistematicamente se nos veñen impondo.

Mención aparte merece a situación de corrupción e colapso que se está a evidenciar no goberno municipal de Compostela, mais pendente de fuxir das responsabilidades penais que de adoptar medidas que reconduzan a gravísima situación que estamos a padecer.

Paralos e reverter esta situación depende de nós

Cando boa parte dos gobernos locais, galego, do estado ou institucións europeas están ao exclusivo servizo do gran capital financeiro, comportándose como auténticos monicreques da banca, aos traballadores e traballadoras e ás clases populares só nos queda, para defendérmonos, pasarmos á ofensiva na defensa dos nosos dereitos en todo os ámbitos, empezando pola rúa. O que queren é vernos na casa e que cunda o discurso derrotista de que non se pode facer nada.

Evento no facebook para compartir e difundir.

Manifestacións 12 de xuño:

  • Compostela, ás 20:00h, con saída da Praza Roxa
  • Ribeira, ás 20:30, con saída da Praza do Peixe

 

Outras novas recentes

Venres, 13 Novembro 2026

Agacal, Gain e Intecmar quedan para a seguinte OEP de funcionarización

A directora xeral de Emprego Público comunicounos na Mesa Xeral do 10 de novembro de 2026 que o persoal de AGACAL, GAIN e INTECMAR quedará para a seguinte OEP de funcionarización (para a cal non teñen data) porque aínda non está integrado. A integración é un requisito previo para que o persoal que o desexe poida funcionarizarse. Sen convocatoria á CIG para as negociacións...
Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...
Venres, 13 Novembro 2026

RPT Emprego, Comercio e Emigración (11/11/26)

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, convocou aos sindicatos a unha xuntanza para falar da súa proposta de modificación da Relación de Postos de Traballo da consellería. Descargar Contactamos coa consellería para pedir explicacións polo feito de que nos convocasen con menos de 48 horas de antelación (restando a xornada de Folga Xeral), o que imposibilita estudar...