Novas por contido

A CIG-Autonómica vén de presentar un conxunto de propostas para a mellora da xestión da extinción de incendios forestais na Galiza e das condicións laborais do seu persoal, logo da vaga de lumes de 2025 e ante a inacción da Xunta, que continúa sen convocar ningunha mesa de negociación.

O documento, que xa foi remitido aos grupos parlamentarios do Parlamento de Galiza, recolle medidas básicas urxentes e estruturais que abranguen desde o planeamento preventivo e o dimensionamento do persoal, ata a seguridade laboral, a estabilidade e o cumprimento da normativa vixente.


As principais propostas:

1. Planeamento

• Negociación anual do PLADIGA e dun plan de formación.
• Actualización dos plans de prevención e defensa dos distritos forestais, abandonados desde 2009.
• Reforzo da coordinación institucional e recuperación de brigadas de bombeiros/as nos espazos naturais protexidos.
• Desdobramento de brigadas (coa contratación dos XB necesarios) con xornadas de 10 horas e presenza durante todo o ano.
• Análise dos ratios por provincia e superficie de monte e co fin de ter un dimensionamento adecuado do cadro persoal do SPIF e apertura das casetas de vixilancia pechadas. 
• Avanzar cara a un servizo público 100%, eliminando contratas privadas.
• Posta en marcha dun plan de educación ambiental e dun plan de recuperación dos montes queimados.

2. Xestión do persoal

• Contratación anticipada e con transparencia, recuperando a comunicación sindical dos chamamentos. 
• Formación inicial obrigatoria e retribuída.
• Procesos selectivos anuais e adaptados aos períodos de risco de incendios. Concurso-oposición 40/60. 
• Dignidade e igualdade salarial e pagamento dos complemento a mes vencido.
• Activación da segunda actividade por idade.
• Eliminación de convenios con concellos e empresas privadas para a extinción
• Creación dun concurso de traslados permanente.

3. Condicións laborais

• Estender o Acordo do SPIF ao persoal laboral.
• Transformar o persoal fixo-descontinuo en fixo, ampliando a 12 meses.
• Elaboración dun protocolo de mobilidade e pernocta e compensacións. 
• Revisión dos niveis profesionais e convocatoria periódica das comisións de seguimento.

4. Xubilación anticipada

• Aplicación de coeficientes redutores e aboamento de cotizacións adicionais se for preciso.
• Axilización dos trámites, acompañamento e guía informativa para o persoal.
• Inclusión do persoal técnico e vixiante-emisorista no recoñecemento de coeficientes.

5. Seguridade e saúde laboral

• Seguimento das enfermidades profesionais e riscos derivados do traballo nos lumes no especial os derivados dos tóxicos carcinoxénicos, musculoesqueléticos e respiratorios.
• Control e transparencia nos accidentes laborais.
• Probas previas dos EPIs e materiais antes da súa distribución. Limpeza e desinfección áxiles. 
• Avaliación e atención dos riscos psicosociais e das secuelas emocionais dos incendios.

Compre diálogo e un servizo público real

A falta de negociación e planificación por parte da Xunta é unha grave irresponsabilidade, especialmente despois da vaga de incendios de 2025. O persoal reclama unha revisión integral do modelo de extinción, con medios e persoal propios, condicións laborais dignas e garantías de seguridade. 

👉 Podes consultar o documento completo das propostas aquí:

Propostas da CIG-Autonómica para a mellora da xestión da extinción de incendios na Galiza e do seu persoal

Estas son unhas propostas básicas que xuntamos con todas as cuestións pendentes máis se queres facer algunha achega contacta coa CIG. 

Outras novas recentes

Martes, 06 Outubro 2026

A Consellaría da Lingua  mantén o abuso laboral do persoal lingüista e segue sen achegar os datos necesarios para negociar (xuntanza do 5...

A segunda xuntanza remata sen compromisos concretos para garantir a xornada completa e doce meses de actividade. O luns 5 de outubro tivo lugar a segunda mesa de negociación das condicións de traballo do persoal titulado superior lingüista da Secretaría Xeral da Lingua, do grupo I, categoría 40.  Un mes despois da anterior xuntanza, a Consellaría de Cultura, Lingua e...
Venres, 09 Outubro 2026

Ampliación do prazo de elección de destino na especialidade de limpeza e cociña

No DOG do 09/10/2026 publican a RESOLUCIÓN do 7 de outubro de 2026 pola que se amplía o prazo para a elección de destino na agrupación profesional, escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, especialidade de limpeza e cociña, convocada pola Resolución do 24 de setembro de 2026 (Diario Oficial de Galiza número 186, do 30 de setembro). Amplían o prazo...
Martes, 06 Outubro 2026

Elección de destino de varias escalas de C1, C2 e AP

No DOG do 05/10/2026 publican a Resolución pola que se modifica a Resolución do 24 de setembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo...