Novas por contido

No Diario Oficial de Galiza, do Xoves 10 de Setembro de 2009, faise público deixar sen efecto as seguintes ordes publicadas no DOG nº 174, do 4 de Setembro de 2009:


  • Orde do 16 de Xullo de 2009, pola que se nomean os membros do tribunal que deberá cualificar os procesos ordinarios e extraordinario de consolidación de emprego para o ingreso no Corpo Administrativo da Xunta de Galiza, subgrupo C1.
  • Orde do 16 de Xullo de 2009, pola que se nomean os membros do tribunal que deberá cualificar os procesos ordinarios e extraordinario de consolidación de emprego para o ingreso no Corpo de Xestión da Administración da Xunta de Galiza, subgrupo A2.
  • Orde do 16 de Xullo de 2009, pola que se nomean os membros do tribunal que deberá cualificar os procesos selectivos para o ingreso nas categorias 041 (Oficial de defensa contra incendios forestais), e 042 (Oficial de establecemento), do grupo IV de persoal laboral fixo da Xunta de Galiza.


Outras novas recentes

Mércores, 28 Outubro 2026

Xuntanza para a modificación da Orde de horarios do Servizo de Gardacostas (23/10/2026)

Despois da reunión de mesa sectorial de hai un mes onde se abordou a modificación da Orde do 2 de maio de 2006 pola que se establece o réxime de prestación de servizos, horarios, vacacións, licenzas e permisos e compensacións económicas para percibir polo persoal do Servizo de Gardacostas de Galiza, é previo á levar o texto á Comisión de Persoal onde se aprobaría, a...
Martes, 27 Outubro 2026

A Xunta pretende pechar en falso a negociación do persoal lingüista (grupo I-40) após dous meses sen facilitar os datos básicos

A CIG denuncia que a Consellaría de Cultura convoca a terceira mesa de negociación sen achegar a información sobre cargas de traballo, necesidades de persoal e externalizacións, nin ofrecer garantías contra a precariedade, a desregulación e as desigualdades salariais.  O 20 de outubro, Casares, deputado do PP, anunciaba no Pleno do Parlamento un principio de acordo, acadado...
Xoves, 29 Outubro 2026

BYE, BYE FABIOLA!

Hai despedidas tristes. Cando unha compañeira ou compañeiro de traballo abandona porque non pode manter á súa familia co salario que cobra, ou remata farta e con medo ás agresión que todas e todos sufrimos. eowpzSxtLVM| Nestes últimos tempos, marcados polos conflitos en ensino infantil 0-3, en menores, na discapacidade, en dependencia, en residencias, nos SAF, servizos...